Non teño experiencia na localización de xestores de escritorio nin de 
ferramentas como Moodle, polo que non me podo meter aí, douche toda a razón, 
mais na miña experiencia nunca me topei con problemas con separadores (repito, 
o que vin foron sempre usos de separadores de decimais ou elementos distintos á 
interface de usuario onde non hai lugar a dúbidas, xa que a personalización da 
interface en produtos de Microsoft é nula e cando se fai referencia aos 
separadores, sempre é de xeito directo (p. ex., «o separador Ficheiro»).
Tendo isto e conta e o que indicaches (repito, con toda a razón do mundo), 
entendo que no contexto ao que atinxen os programas de Microsoft, polo menos de 
momento, non hai problema con «separador», polo que a equipa non se vería 
obrigada a utilizar outro termo. É posible que nun futuro apareza este problema 
e entón haxa que modificalo, mais de momento parece que non cómpre.
Por sorte, non estamos obrigados a seguir a terminoloxía que impón Microsoft 
nos seus produtos (nin a RAG) e podemos usar «lapela» sen problema ningún 😊.
Supoño que non habería problema en dirixirse á RAG para que incorpore polo 
menos o significado que xa ten «separador» a «lapela» e a «pestana» mesmo. No 
caso de Microsoft supoño que é máis difícil, pero ultimamente están bastante 
receptivos cos comentarios dos usuarios e debe haber algunha forma de 
pronunciar as nosas queixas e que muden cousas (aínda que hei dicir que levo xa 
tres queixas de que traduciron  «Install date» como «Instalar datos» en lugar 
de «Data de instalación» na interface de Windows 10 e parece que caen en 
ouvidos xordos).

Saudiña a todos,

Isaac Álvarez Veiga

De: Miguel Bouzada
Enviado: mércores, 4 de setembro de 2019 ás 17:40
Para: Lista de correo de Proxecto Trasno
Asunto: Re: [terminoloxía] tab

Todas as interfaces de xestores de escritorio cos que me teño atopado empregan 
o termo «separador» para referirse a algo que non ten nada que ver coas lapelas 
, tamén no Firefox para separar elementos nas barras de ferramentas ou no 
Moodle, donde aparece a esgalla para o caso dos CSV ...

-- Separators are lines used to separate content.  Set their colour here for 
the alternative theme colours {$a}.
-- Footer separator colour
-- Separators are lines used to separate content.  Set their colour here.
-- Separator




O mér., 4/09/2019 ás 16:31, Isaac Álvarez Veiga (<ialvarezv2...@gmail.com>) 
escribiu:
Por alusións, véxome obrigado a participar na conversa.
De primeiras, a tradución dos produtos de Microsoft está moi dividida. Non son 
as mesmas persoas as que traducen Office que Windows, por exemplo.
Non sei a que «académica» se fai referencia neste caso, mais non coñezo a 
ningunha persoa que traduza para Microsoft e que utilice «carpeta» e non 
«cartafol» (tanto na terminoloxía pública coma na privada está establecido ese 
termo). Con respecto a «ventá», comparto convosco este artigo no que se 
diferencia as orixes de «ventá», «xanela» e «fiestra» no que se pode ver que o 
recomendado para un uso popular é venta, mentres que é mellor reservar fiestra 
e xanela como cultismos.
En segundo caso, non creo que a tradución de «separador» para «tab» sexa 
conflitiva, tendo en conta que «separator» só se usa como separador de 
elementos (de decimais, por exemplo) e nunca como un elemento de ningunha 
interface, polo que non debería haber ningún problema para diferencialos. Non 
sei en base a que os académicos da RAG aceptaron esta definición para este 
termo, mais non estou en desacordo coa decisión tomada.
 
Con isto non quero defender todas as decisións que se toman no ámbito 
terminolóxico por parte das equipas de localización de Microsoft (nin da RAG), 
mais moitas delas non están tan mal como poidamos pensar nun primeiro momento, 
aínda que as decisións sexan distintas ás que toman os tranos :).
 
Saudiña a todos,
 
Isaac Álvarez Veiga
 
De: Miguel Bouzada
Enviado: mércores, 4 de setembro de 2019 ás 16:06
Para: Lista de correo de Proxecto Trasno
Asunto: Re: [terminoloxía] tab
 
Hai unha «académica» traducindo para MocoSoft, é a mesma que valida cousas como 
ventá e carpeta.
 
Vai ti a explicarlle que unha académica non ten razón 
:-)
 
O mér., 4/09/2019 ás 15:03, Dani (<d...@damufo.com>) escribiu:
Boas

Sobre que a RAG tende a dita terminoloxía, este é un claro e 
incomprensible exemplo:
https://www.microsoft.com/es-es/language/Search?&searchTerm=tab&langID=346&Source=true&productid=undefined

https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/separador

O que é un problema (tab -> separador), xa que ou se contacta coa RAG 
(eu xa o fixen mais sen resposta) ou habería que mudar todas as 
«lapelas» por «separador».

Penso que é importante que alguén de Trasno contacte coa RAG para 
explicarlle que a escolla ten conflito con «separator» que como sabedes 
é outro elementos da interface que pode convivir co TAB (lapela), 
separador é a peor opción que poderían ter elixido, mesmo sería mellor 
que elixisen pestana!!!

https://www.microsoft.com/es-es/language/Search?&searchTerm=separator&langID=346&Source=true&productid=undefined

Non sei quen está traducindo para microsoft pero na miña opinión (a 
falta de máis datos) comete un error traducindo tab como separador. E 
como dicía para min a importancia deste glosario radica en que penso que 
a RAG está a tomalo como referencia.



-- 
Dani




 
http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=6862&h=277e60165ef5f9db8c31d875fb65aca59dd9a7f1&sa=2006636330


-- 
Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)» http://galpon.org
Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.gal
Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
 
- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal 
- Correo do administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno 
- Cancelar a subscrición  no URL: 
http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=6863&h=b219c9cae37917bfec680cbcf853ab881d367e3e&sa=47447556
 

- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal 
- Correo do administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno 
- Cancelar a subscrición  no URL: 
http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=6864&h=0b0725ad9e376338c601bfc5994fe8d120d9f8de&sa=1809843771


-- 
Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)» http://galpon.org
Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.gal
Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org

- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal 
- Correo do administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno 
- Cancelar a subscrición  no URL: 
http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=6867&h=70229fa47187d19d1f731154b775a0e434970b3b&sa=335168396


- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal
- Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno
- Cancelar a subscrición no URL : 
http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=6868&h=038b6323b58a28a3ac1583f3968e22d12e006892&sa=1517833726

Responderlle a