--Todo é discutible--

Debemos incorporar frases que teñan aparentes "defectos" respecto da lingua
estándar. Todas aquelas que se refiran ao léxico, todas as variacións
morfolóxicas, sobre todo as dos verbos.
Non introducir as que sexan puramente fonéticas ou derivadas de
contraccións vocálicas: *n'o sei

- vocabulario local, case arcaísmos
- teísmo e cheísmo
- ñe por lle
- variacións de orde: teño que facelo, teño que o facer, téñoo que facer
- cantín por cantei
- modismos actuais: ser admin
- creacionismos se son coherentes coas pautas do idioma: buguear
     Mesmo que conteñan híbridos se son asimilables, como "youtubeiro" que
ten ata entrada na wikipedia https://gl.wikipedia.org/wiki/Youtubeiro
    Isto significa unha excepción sobre os filtros automáticos que facemos
sobre os corpus para evitar anglicismos crús, ou toponimia de difícil
pronuncia. Manualmente si.

   Consultar casos dubidosos coa comunidade: crush
https://www.instagram.com/galegoparaboomers/?igshid=8xp74bgy5e97

-  En xeral é importante recoller as "falas" de distintos sectores de
idade, cultura e ambiente
En galego non temos tantas diferencias dialectais ou territoriais como
teñen en castelán (América nin sequera coma en catalán) o noso caso é máis
parecido ao éuscaro (sen entrar en fonduras). Polo tanto o noso ámbito tira
máis por variacións de idade e hábitos e riqueza léxica.
Idealmente o dataset recollería todas as palabras do idioma e procunciadas
por varias persoas. Idealmente.

- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal
- Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno
- Cancelar a subscrición no URL : 
http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7334&h=e6c45938eb25605f6e91249e7df00639041cbb50&sa=742240498

Reply via email to