Pois desde logo, non estaría de máis.

Na miña idea hai que
- preguntarlle ao propio Parlamento, pero en vez de ir así inxenuamente a
que nos digan que non,  se temos un pequeno informe legal para mandarlles a
nosa interpretación sobre reutilización de datos, axudaría a que se
abrandaran. Cos textos do Diario de sesións, creo que habería que
anonimizalos e podemos mandar unha "proba" dos resultados que
aproveitariamos.

- preguntar a Mozilla, unha vez que teñamos resposta do Parlamento

Hai que concretar que tipo de licenza sería e ten que ser compatible coa CC0




O sáb., 20 de feb. de 2021 ás 09:18, Miguel Bouzada (<mbouz...@gmail.com>)
escribiu:

> Nos casos de dúbidas legais, eu faríalle a consulta a Bárbara de
> NoLegalTech... estou bastante seguro de que no noso caso faría ese estudo
> de xeito «gracioso»
>
> O ven., 19 de feb. de 2021 ás 20:59, Antón Méixome (<cert...@certima.net>)
> escribiu:
>
>> Nas recomendacións do proxecto CV fálase do acceso ás publicacións do
>> Parlamento europeo como fonte de textos dispoñible. Non é o caso viable
>> para o galego, nin sequera no Senado. Por iso miro para o Parlamento de
>> Galicia e aí si.
>>
>> Toda a lexislación do Parlamento de Galicia en TEXTO
>>
>> Lex.gal recólleo aínda que ese servizo é máis ben da Xunta de Galicia
>>
>>
>> Está permitido:
>>
>>    - A copia e difusión da información aquí contida.
>>    - A modificación, adaptación, extracción, reordenación e combinación
>>    da información.
>>    - A reprodución, distribución, comunicación pública ou
>>    transformación, necesaria para desenvolver a actividade de reutilización
>>    autorizada, en calquera modalidade e baixo calquera formato, para todo o
>>    mundo e polo prazo máximo permitido pola lei.
>>
>> Debe citarse a fonte dos documentos obxecto da reutilización. Esta cita
>> poderá realizarse da seguinte maneira: «Orixe dos documentos: Lex.gal».
>>
>> Por exemplo: leis
>>
>> https://www.lex.gal/galilex?p_p_id=galilex_WAR_galilexportlet&p_p_lifecycle=1&p_p_state=normal&p_p_mode=view&p_p_col_id=column-1&p_p_col_count=1
>>
>> Un dato interesante para nós:
>> Nas leis antigas, desde o 82,  aparece o texto con segunda forma do
>> artigo, terminación -bel, ó,  e incluso con enxebrismos
>>
>> Alguén se anima a procesar algunhas de distintas temáticas e recuperar
>> por exemplo 5000 frases de aí?
>>
>> Estou mirando o Diario de sesión, que é moito máis interesante
>> lingüísticamente pero aí teño dúbidas.
>>
>>
>>
>>
>> - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a -
>> proxecto@trasno.gal
>> - Correo do administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto
>> Trasno
>> - Cancelar a subscrición  no URL:
>> http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7357&h=833d8af67a03969a8fb460c13b024967115f83f9&sa=1402729716
>>
>
>
> --
> Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
> http://galpon.org
> Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.gal
> Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
>
> - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a -
> proxecto@trasno.gal
> - Correo do administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto
> Trasno
> - Cancelar a subscrición  no URL:
> http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7359&h=0aecc9e356b1c0c9882ff3203083faec27a25b96&sa=1379033124
>

- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal
- Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno
- Cancelar a subscrición no URL : 
http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7361&h=fd3399335941f4e09555d10fc3f215aafa698eaf&sa=207360428

Reply via email to