No 2019, xunto con outras entidades (Aberteo, AGASOL, Asociación
Informática Amigus, Bricolabs, Comunidade o Zulo, Ghandalf, GPUL, Nova
Escola Galega, Proxecto Trasno, Recuncho Maker e Xeopesca) asinamos un
manifesto reivindicando o respecto e a implantación do software libre en
Educación galega.

Onte publica XeoPesca a resposta á queixa e consulta que se enviou tanto á
Xunta de Galicia (AMTEGA) como á Comunidade de Madrid.

Madrid responde, dous anos despois, Galicia non.

https://www.xeopesca.gal/software-libre-galicia-vs-madrid/

"*Dende a Asociación Xeopesca continuamos agardando pola documentación
solicitada a Xunta de Galicia e a AMTEGA no referente aos servizos e
produtos contratados.* No ano 2019 fíxose público o dispendio económico de
13,5 millóns de euros en licenzas de código pechado e que tivo como
reacción o manifesto “Polo Software Libre na Educación Galega
<https://polo-software-libre-na-educacion-galega.github.io/Manifesto/>”.
Comparando os gastos de ámbalas comunidades autónomas, Galicia 13,5 millóns
só no 2019 e de 17,7 millóns de Madrid no período 2015-2019. O noso
colectivo ve incrementada a nosa preocupación no gasto de solucións
privativas e a ausencia de políticas reais na implantación de tecnoloxías
libres."

- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal
- Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno
- Cancelar a subscrición no URL : 
http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7384&h=eb86c9a03ffb893b0558cc1a8ae9569bb72e0ccd&sa=1968382009

Responderlle a