https://foro.trasno.gal

Realmente necesitamos algo así algo para unir e reordenar o fluxo de
comunicación.

Pídovos formalmente que o valoredes

Pola miña experiencia, no web de Trasno cóstavos moito achegar contido ou
participar. O wiki aínda peor. En Telegram, que é un chat, así que cruzas
unhas cantas conversas e queres achegar info acaba sendo un caos. As listas
de correo hoxe en día son un nicho insalvable para a inmensa maioría e, se
vos fixades no mundo da informática son hoxe sempre subsidiarias,
complemento dos proxectos e sistemas de código (GitLab, Pontoon, Crowdin,
Transifex, etc.)

O foro de Trasno é unha ferramenta realmente de última tecnoloxía para
poñerse ao día.
Por favor, dedicádelle un tempo. Hai uns días púxenvos unha ligazón a unha
versión noutro dominio e non comentastes nada. Agora é unha versión
dedicada para Trasno.

Neste momento está case en básico pero é realmente adaptable.
https://www.discourse.org/features
Podería por exemplo crearse un "grupo" de cada un dos proxectos maiores e
mesmo atraer a tradutores galegos individuais, dar soporte á continuidade.
É difícil pero hai que tentalo e eu é a única maneira que vexo.

Para a discusión terminolóxica como nós a facemos tamén é moi práctico pola
riqueza de contido que permite (ligazóns, imaxes, vídeos) e para manter
unha canle visible para o corrector, para actividades e campañas tamén.

Todos os proxectos tenden a crear "ecosistema" arredor de si e como fomos
vendo na última década e no caso iso significa que os de galego acabamos
atomizados, dispersos e desconectados.

Unha aperta a todos.
Antón Méixome

- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal
- Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno
- Cancelar a subscrición no URL : 
http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7389&h=1e3e1f91d388064c6addd4a53ab9a09ad3030cb6&sa=608011212

Reply via email to