Bo día, grazas pola información, xa imos organizando pero aínda nos
quedan unhas dúbidas. Hai cousas que non temos claras:
   1. As frases teñen que ser orixinais do alumnado e cedelas coa licenza
CC, ou/e tamén poden ler textos que sexan libres, valen as dúas opcións?
e así?
   2. Temos que subir nós as frases (revisadas por nós mesmas)  á
aplicación e despois serían, a maiores, revisadas por 3 persoas externas
da vosa organización? E así?
   3. Temos que ver que non estean xa metidas na aplicación ou non enviar
repetidas entre as nosas?
   4. Os exemplos que nos enviaches non os entendemos ben, por exemplo,
cando pon "Follas Novas" significa que ese libro, todo o seu texto, está
xa na aplicación? E outras cousas como: "
Xiada, v.2.7 Lesser General Public License For Linguistic Resources2,Lei de
reutilización da informacion - CC0Lei de sanidade escolar - CC0Lei de
dereito civil de Galicia - CC0Ownconversational sentencesAdap. de
OpenSubtitles (Os Vingadores)Fraseoloxía popularTILG, con permiso
CC0PersoalPopular..."  Claro, que é "popular" ou "Fraseoloxía popular" ou
"persoal", "own" ou " conversational sentences", non entendemos....
   Esperamos estas últimas aclaracións para empezar a traballar co
alumnado. Xa falaremos máis adiante para as gravacións. E perdón por
tantas dúbidas e preguntas pero queremos empezar entendendo ben todo o
proxecto.
   Grazas
   Carmen Boado
   Xefa de Estudos e Profesora de Tecnoloxía

   Dirección IES Valadares.
   Avda Clara Campoamor S/N, 36315 Valadares, Vigo.
   Tel. 886111060
   ies.valada...@edu.xunta.gal

- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal
- Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno
- Cancelar a subscrición no URL : 
http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7409&h=ea0e8d7b986a43280b864b265fd5811669f15e3b&sa=1501208056

Reply via email to