Bos días,

Chámome Alicia Pérez Martínez e son unha estudante de Tradución e
Interpretación na Universidade de Vigo. Póñome en contacto xa que me
gustaría participar como voluntaria no Proxecto Trasno no apartado de
tradución/corrección de textos. A día de hoxe xa "rematei" a miña formación
na carreira e tan só teño pendente presentar o Traballo de Fin de Grao para
poder graduarme, por iso considero que podería ser de axuda. Tamén me
podería ser de axuda a min por suposto, para sumar algo de experiencia e
traballo práctico de cara á miña carreira profesional. Se podo ser de axuda
en calquera caso, por favor non dubidedes en contactarme, encantaríame
poder participar en proxectos que promovan o uso e a visibilización da nosa
lingua.

Un saúdo cordial,

Alicia Pérez Martínez

- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal
- Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno
- Cancelar a subscrición no URL : 
http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7502&h=7892a15141453fd49a7940c2377030253c557f3e&sa=1275594680

Responderlle a