Estimadas/os,

recordade que a data límite para presentar a documentación previa, necesaria 
para proceder a sinatura do convenio remata o 10 de febreiro (incluído).

Unha vez revisada a documentación presentada, poñerémonos en contacto, no caso 
de que sexa preciso realizar algunha modificación ou aclaración a mesma.

Aproveitamos para agradecer a aquelas Asociacións que xa presentaron a 
documentación requerida.

Un cordial saúdo



--
Oficina de Coordinación de Software Libre
Servizo prestado por iCarto
Departamento de Innovación Dixital e Intelixencia Artificial.
Área de Sociedade Dixital
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega)
Xunta de Galicia

Centro de Innovación Cultural e Modernización Tecnolóxica de Galicia
Cidade da Cultura. Monte Gaiás, s/n
15781 Santiago de Compostela
Teléfono: 881 995 600
software.li...@xunta.gal<mailto:software.li...@xunta.gal>

[1640873223664]


________________________________
De: Oficina de Coordinación de Software Libre
Enviado: mércores 12 xaneiro 2022 13:29
Asunto: Solicitude de documentación para Convenio AMTEGA-AGUSL 2022


Estimadas/os,

despois de ter contactado con vós para ver o voso interese en asinar o Convenio 
de Colaboración para o Desenvolvemento do Software Libre en Galicia, 
comunicamosvos que finalmente sodes 7 as asociacións interesadas en participar 
este ano no convenio: A Industriosa, Amigus, Bricolabs, GALPon, GPUL, Melisa e 
Trasno. Polo tanto cada unha poderá dispoñer dun importe máximo de 4.285,71 € 
para os gastos asociacidos ás actividades.

Achegámosvos neste correo as instrucións para que entreguedes a documentación 
previa, necesaria para proceder á sinatura do Convenio. O prazo para a 
presentación desta documentación será de 4 semanas, ata o 10 de febreiro 
(incluído), se algunha das Asociaciacións non presentase a documentación 
solicitada en prazo, quedará excluida do convenio deste ano, e o importe 
asignado inicialmente repartirase entre o resto de Asociacións firmantes.

O texto definitivo do Convenio de Colaboración para o Desenvolvemento do 
Software Libre en Galicia enviarémolo unha vez recibida e validada esta 
documentación previa, e con antelación á firma, para que poidades revisalo. 
Podemos adiantarvos que non haberá grandes cambios nel, respecto destes últimos 
anos.

A entrega desta documentación deberedes facela, o antes posible dentro do plazo 
límite, a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia[1] empregando o 
procedemento PR601A, no que deberedes acompañar:


  1.  Certificado de composición da xunta directiva (achégase modelo)
  2.  Certificado de estar ao corrente coas débedas tributarias
  3.  Plan de Actuacións previsto (achégase modelo)

Nota: O Plan de Actuacións previsto agradeceriámosvos que nolo enviásedes 
ademais por correo electrónico, respondendo a este mesmo, para axilizar a súa 
revisión pola nosa parte.

Neste Plan de Actuacións tedes que describir as actividades a desenvolver de 
forma completa, incluíndo os seus obxectivos e un orzamento o máis detallado 
posible, necesario para cada unha delas. O motivo é poder facer unha revisión 
previa dos gastos previstos para poder garantizarvos que son subvencionables e 
evitarvos gastos que despois non poderíades recuperar.

Actividades subvencionables


  1.  Organización ou participación activa en congresos, xornadas, 
conferencias, obradoiros ou eventos similares de promoción e divulgación do 
Software Libre. A participación neste tipo de actividades deberá vir avalada 
pola importancia do evento nacional ou internacionalmente dentro da comunidade 
do Software Libre.
  2.  Asistencia como público a congresos, xornadas, ... de recoñecido 
prestixio dentro da comunidade do Software Libre.
  3.  Elaboración de contidos divulgativos e/ou formativos, que deberán 
publicarse cunha licenza de documentación libre. Así mesmo, as fontes deste 
material deberán ser remitidos á Amtega en formatos abertos para que poidan ser 
difundidos a través das canles precisas ao efecto.
  4.  Desenvolvemento ou localización de proxectos de Software Libre que 
puidesen resultar de interese para a consecución dos obxectivos perseguidos 
neste convenio. Calquera software desenvolvido no marco deste convenio deberá 
ser publicado cunha licenza libre aprobada pola Free Software Foundation ou a 
Open Source Initiative e publicado no Repositorio de Software Libre de Galicia.

Gastos subvencionables

En canto aos gastos subvencionables lembrade que son aqueles nos que incorre a 
asociación para o desenvolvemento das actividades conveniadas que tería que 
xustificarse sempre coa presentación da correspondente factura a nome da 
asociación e o xustificante do pago mediante transferencia. E se realicen 
dentro do período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2022 e a data límite de 
xustificación do convenio (finais de outubro).

Establécese un límite máximo do 25% do importe total de financiamento que lle 
corresponda a cada AGUSL para actividades do tipo 2. Así mesmo, establécese un 
límite máximo do 20% do importe total de financiamento que lle corresponda a 
cada AGUSL, cun importe máximo de 750€, para gastos derivados da elaboración de 
material de difusión (folletos, dípticos, CD, camisetas, etc.).

Os gastos relativos a dominios de internet ou aloxamento deberán xustificarse a 
súa necesidade dentro das actividades conveniables, e de ser plurianuais só se 
considerará xustificable a parte correspondente ao período de vigor do convenio.

Finalmente lembrade tamén que non se consideran subvencionables aquelas 
actividades subcontratadas a provedores vinculados coa asociación.

O importe do IVE tampouco se considerará gasto subvencionable cando sexa 
susceptible de recuperación ou compensación.

Procedemento da sede electrónica

Nota: Desde a sede electrónica, empregarase o procedemento PR601A, debendo 
seleccionar no combo desplegable "Unidade responsable do procedemento" a opción 
"Área de Sociedade dixital" para o envío da documentación.

O procedemento da sede electrónica ten un formulario no que deberedes cubrir a 
seguinte información:

- Datos da entidade solicitante e persoa representante. O formulario asume que 
se autoriza a consulta dos datos identificativos: Nesa consulta os datos que se 
obteñen é que a asociación ten o NIF que se indica; porén na parte final do 
formulario existe a opción de opoñerse a esta consulta. Se fose o caso e a 
asociación prefire non autorizar, deberedes achegar copia do NIF da asociación.
- Para a acreditación da representación, achegamos neste correo un modelo para 
a certificación actualizada de composición da Xunta directiva (igual que o dos 
anos anteriores). Se non variou dende o último que presentastes podedes indicar 
que xa está presentado na lista de documentación.
- Datos para avisos sobre as notificacións.
- Os datos bancarios da asociación.
- No campo TIPO DE CONVENIO seleccionar OUTROS CONVENIOS DA AMTEGA.
- Declaración relativa a outras axudas e axudas de "minimis".
- Por defecto asúmese que a Asociación non está incursa en ningunha clase de 
inhabilitación para a obtención de axudas prevista nos números 2 e 3 do artigo 
10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
-O formulario asume que se autoriza a consulta das débedas coa AEAT, Seguridade 
Social e Consellería de Facenda: Nesta consulta para cada entidade obtemos un 
resultado positivo (0P) ou negativo (0N); se a asociación prefire non autorizar 
pode indicalo na parte final do formulario. No caso de non autorizar a consulta 
caso deberedes achegar os certificados correspondentes. Neste último caso, 
lembrar que a vixencia dos certificados é de 6 meses. En particular, no caso da 
AEAT, se tedes un certificado en vigor, podedes anexalo por defecto, porque 
esta consulta con frecuencia presenta dificultades.

No caso dos colectivos que non teñen actividade económica, e non presentan IVE, 
é mellor presentar este certificado para evitar problemas que se deron noutras 
ocasións. Pódese probar a solicitalo, simplemente co certificado dixital.

Se precisades que asine alguén distinto do presidente, pregámosvos que nolo 
comuniquedes canto antes indicando e citando o artigo dos estatutos no que está 
recollido e anexando o pdf dos propios estatutos escaneados. Se a capacidade de 
representación non está recollido nos estatutos comunicádenolo para que o 
consultemos.

Presentación da documentación

Para presentar a documentación a través da sede electrónica podedes empregar 
tanto o sistema Chave 365 que permite o acceso e a sinatura a través do móbil 
(previa alta no mesmo) como empregando o DNIe ou un certificado dixital da FNMT.

Desde o portal de Mancomún, podedes descargar[2] dúas máquinas virtuais 
(baseadas en dúas distribucións diferentes de GNU/Linux), que permiten a 
realización de trámites con sinatura dixital empregando ferramentas de software 
libre. Dispoñedes de instruccións detalladas do uso destas máquinas virtuais no 
propio portal de Mancomún.

A sede electrónica da Xunta foi probada con éxito con estas máquinas virtuais.

Se empregades algunha outra distribución e tedes problemas co proceso de 
sinatura non dubides en poñervos en contacto con nós para que vos poidamos 
axudar.

Calquera outra dúbida podedes contactar con nós, tanto por correo como por 
teléfono.


Un cordial saúdo

[1]: https://sede.xunta.gal/portada
[2]: https://www.mancomun.gal/documento/maquina-virtual-para-sinatura-dixital/



--
Oficina de Coordinación de Software Libre
Servizo prestado por iCarto
Departamento de Innovación Dixital e Intelixencia Artificial.
Área de Sociedade Dixital
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega)
Xunta de Galicia

Centro de Innovación Cultural e Modernización Tecnolóxica de Galicia
Cidade da Cultura. Monte Gaiás, s/n
15781 Santiago de Compostela
Teléfono: 881 995 600
software.li...@xunta.gal<mailto:software.li...@xunta.gal>

[1640873223664]

- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal
- Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno
- Cancelar a subscrición no URL : 
http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7625&h=40b04c9e9456347403b5cf3a934c806f0ef34548&sa=1660136147

Reply via email to