Prezado Antón, prezados amigos:

Agradecemos moito o voso interese na nosa xornada de presentación e apreciamos 
moito o voso traballo, a vosa experiencia e a vosa traxectoria no campo das 
tecnoloxías da fala. Así mesmo, tamén estamos moi interesados na vosa 
asistencia e participación porque hai temas de interese común sobre os que nos 
gustaría falar convosco.

Neste momento estamos intentando resolver a emisión do evento, pero aínda non 
podemos garantir a posibilidade de conexión telemática. Espero que ao longo 
desta semana poidamos darvos máis información a este respecto.

Saúdos cordiais,

Elisa Fernández Rei
IP Proxecto Nós
Instituto da Lingua Galega (USC)

- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal
- Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno
- Cancelar a subscrición no URL : 
http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7675&h=2e9e15a72c63ff7f9013b1a1ba5efd21d79195e4&sa=224830013

Responderlle a