Ola Trasnos. Estou a traballar neste modelo *Spacy* en galego <https://github.com/llorenzo62/Galician_Spacy_model>, que supoño nos daría para unha conversación mais ou menos longa se houbese algún interese.
A cuestión é que *hunspell* é un recurso que utilizo para afinar o corpus con que adestrar o modelo *Spacy* e atopei algo que non me explico, e ainda non mo creo de todo: No *hunspell* en galego (en outro idiomas non sei, non o comprobei) *non hai determinantes/artigos* ('pos:') !!! Por exemplo, a saída de *hunspell.analyze('o')* é: st:o po:adxectivo st:o po:pronome st:o po:substantivo_masculino Estou a usar o *pyhunspell <https://github.com/pyhunspell/pyhunspell> c*o paquete trasno que instala o *Libreoffice 7.3.7.2.* Non sei, me gustaría saber se isto é así e se ten que ser así* ...* Salud - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal - Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno - Cancelar a subscrición no URL : http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7892&h=08774f3dd032d206931792da6535185254dd66df&sa=1442630581