En 24/05/10 09:41, Fran Dieguez escribiu:
Ola aos dous,

pois podedes ver os ficheiros en
http://l10n.gnome.org/languages/gl/freedesktop-org/ui/
aínda que os freedesktop son un pouco complicados porque teñen moitos
tecnicismos e poden probarse directamente xa que a meirande parte son
bibliotecas.
Pois si, estívenos vendo e teñen moitos tecnismos. Aínda que dalgún ficheiro podería traducir bastantes cadeas, non sei se é mellor deixalo para alguén que poida traducilo todo.

Por certo esta mensaxe chegoume por medio do correo de trasno e non do de gnome.
Carlos, alédome que te uniras a esta familia, se te ves cunhas poucas
forzas podes coller o glabels (http://www.glabels.org/) do cal podes
descargar a tradución desde
http://l10n.gnome.org/module/po/glabels.po.glabels_2_2.gl.po
son unhas 600 cadeas pero coido que son bastante sinxelas.

"gLabels is a program for creating labels and business cards for the
GNOME desktop environment."
O máis seguro é que terás que consultar a San Google pola tradución de
tamaños de papel, formatos e demais...

Saúdos


O Lun, 24-05-2010 ás 09:10 +0200, Carlos Real escribiu:
Ola:

Eu tamén podo colaborar coas traducións de freedesktop.org. Tendo en
conta que son novato nisto, é boa cousa empezar con traducións pequenas.
Dime por onde podo empezar.

Un saúdo

Carlos Real


O Dom, 23-05-2010 ás 01:33 +0200, Fran Diéguez escribiu:
Ola rapaces,

alguén de vos ten unha conta en http://www.transifex.net/ en damned lies
teño algunhas traducións que están centralizadas aló:
http://l10n.gnome.org/vertimus/shared-mime-info/master/po/gl

Por outra banda teño que remitir traducións ao Translation Project que
está "rematadas". Alguén ten contacto cos membros do grupo?

E xa por último: hai uns módulos do freedesktop.org que son interesantes
para traducir: plugins de gstreamer, o gstreamer, xkeyboard... alguén
quere colaborar e coller algún? Son ficheiros de 150 cadeas mais ou
menos...

Saúdos



_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a