Estou a corrixir os erros coñecidos do corrector de galego en Hunspell que 
elaborara Mar Castro Pereiro para Mancomún entre 2006 e 2007. De momento xa 
corrixín os erros dos que eu mesmo informara na Forxa, e estou agora mesmo 
solucionando os erros que atopei nesta páxina: 
http://wiki.mancomun.org/index.php/Conversa:Corrector_ortográfico_para_OpenOffice.org

O paso difícil realmente fora conseguir pasar o orixinal de Mancomún a UTF-8, 
cousa que non conseguira a primeira vez que intentara pórme a corrixir o 
corrector. Desta vez tampouco o conseguira ao principio, pero parece que xa o 
teño funcionando perfectamente.

Dos erros da wiki de Mancomún, que estou corrixindo en orde, xa están 
corrixidos ata o da forma verbal pretérito 1P dos verbos coma recuar (recuei) 
e continuar (continuei).

Estaba pensando que ao mellor podiamos crear un proxecto en Trasno para o 
desenvolvemento deste corrector, dada a súa importancia non só á hora de 
escribir en galego simplemente senón tamén á hora de traducir programas. 
Enténdase por proxecto que se poidan recoller tickets sobre erros no corrector 
e que estea aloxado nos servidores de Trasno (sftp?).

Máis nada, sigo a ver se dou corrixido todo o tema dos verbos polo menos para 
esta tarde. Un saúdo!

Attachment: signature.asc
Description: This is a digitally signed message part.

_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a