2010/5/30 Adrián Chaves Fernández <adriyeticha...@gmail.com>
> Unha última nota por hoxe,
>
> A hipotética adopción da responsabilidade sobre o hunspell por parte de
> Trasno é un asunto serio. Como mínimo debería garantirse a súa
> fiabilidade.
>
> Sería conveniente que tanto o hunspell propiamente como a extensión tivesen
> exactamente as mesmas regras.
>
> http://extensions.services.openoffice.org/project/Extension_Corrector_galeg
> o_OOo
>
> A competencias en coñecementos informáticos neste caso deben ser puramente
> instrumentais.

Deixando de lado que non acabo de pillar o significado da mensaxe
completamente, a ligazón leva a ningures. :S


Curioso, xuraría que a ligazón era correcta; como se desaparecese de golpe.
En fin, do que falaba é que hai unha extensión, producida no seu momento desde 
Mancomún, que instala o corrector de galego e que ten obviamente os mesmos 
ficheiros de regras e dicionario que o hunspell.
De actualizar estes últiimos convén coordinalo cos da extensión, por tanto, con 
Mancomún.

A extensión é útil para os que teñan o OOo.org en español, poñamos por caso, pero queiran corrixir un texto en galego. Ademais, como coordinador de OpenOffice.org en galego, estas cuestións son do meu interese porque o hunspell xa se incorpora directamente nas novas versións e obviamente son un tema clave de calidade lingüística para a versión galega.


 _______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Attachment: signature.asc
Description: OpenPGP digital signature

_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a