A bomba!!. Alégrame escoitar isto. Btw, se de verdade hai interese en manter o diccionario aquí adiante. Preguntarei como está o tema en Mancomun e se non hai problema levamos o diccionario tal como se levaria o desenvolvemento de software: repo en git, pex, versións de proba...lanzamentos.
Que vos parece?. A min interesariame manter un dicionario de bioloxía e xeoloxía, pero teriadesme que explicar como facelo. 2010/6/23 Miguel Solla <brado...@gmail.com> > Miguel Solla para anton.santamar. > mostrar detalles 16 jun (hace 7 días) > > Envíolle unha copia da mensaxe que remitín ao enderezo de correo > electrónico que figura como contacto no sitio web do VOLG (fg251...@usc.es), > que veu devolta polo servidor. > Unha aperta. > > Póñome en contacto con vostedes porque teño a intención de facer un > baleirado a través da páxina web do VOLG de case todo o contido do > Vocabulario ortográfico da lingua galega para actualizar o ficheiro do > dicionario do verificador ortográfico hunspell para a lingua galega. > Tras a desaparición de Mancomún é posible que nun futuro próximo o > mantemento do verificador vaia caer en mans do Proxecto Trasno ( > http://www.trasno.net/) e, no canto de andar a actualizar as eivas do > dicionario actual cada vez que un/ha usuario/a detecta que falta algún lema, > propúxenme, durante os meses vindeiros, actualizar, de vez, o conxunto do > dicionario. A idea é, máis ou menos, a seguinte: > 1. Actualizar o dicionario: para o sistema verbal empregaría o dicionario e > as regras de afixación que desenvolvín en 2008-2009 (o seu comportamento > descríbese no primeiro número da revista Linguamática, > http://linguamatica.com/index.php/linguamatica/article/view/13) e facer un > baleirado da web do VOLG para o resto de clases de palabras. A actualización > intentaría fornecer o verificador de análise morfolóxica con todas as clases > de palabra. Os termos marcados como incorrectos empregaríanse para facer > regras de suxestión de termos correctos. > 2. Nunha segunda fase, empregaríanse os sinónimos que ofrece o VOLG para > facer un thesaurus para o OpenOffice e trataríanse de mellorar as regras de > afixación existentes (contemplar o superlativo sintético de adxectivos en > -ísimo, crear regras para algúns prefixos e sufixos...). > Todos os ficheiros aos que me referín distribuiríanse (indicando, por > suposto, a súa procedencia) baixo os termos da licenza GPL, por iso a miña > consulta: non sei se un baleirado da páxina web incumpre dereitos de autor > ou dereitos de calquera outro tipo ou algunha licenza. En todo caso, > diríxome a vostedes para saber a súa opinión sobre a viabilidade de levar a > cabo o que propoño. > Un saúdo. > > Responder > > Reenviar > > > > > Responder > | > Antón Santamarina para usuario > mostrar detalles 08:29 (hace 4 horas) > > Vaiche o VOLGa, non fai falta que o baixas. Por suposto tes a autorización > para usalo nas condicións que indicas. > > Estamos pendentes de corrixir, suprimir e engadir algunha palabra pero son > moi poucas (supoñendo que fosen 12, sería o 0,02%, que non afecta gran cousa > a funcionalidade do vocabulario) > > Antón Santamarina > > > > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > Proxecto@trasno.net > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > >
_______________________________________________ Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto