Ola rapazada!

O día 18 é o día do software libre e os do zulo (ac de swl de Mugardos)
teñen o seu kernel (http://www.comunidadeozulo.org/). Asi que os grupos de
swl libre galegos estamos pensando facer unha quedada ese día, o 18, no
kernel en plan lúdico festivo ;) . Aquí abaixo tedes a oferta dos do Zulo.
Todos os do swl libre galegos estarian convidados.

Fai unha quedada o 18 en Mugardos?. Avisádeme con tempo, é dicir, xa, por
iso da planificación do evento.



---------- Forwarded message ----------
From: Comunidade O Zulo <comunidadeoz...@gmail.com>
Date: 2010/9/2
Subject: Re: [Guls] Día da liberdade do software
To: Grupos e asociacións de usuarios de GNU/Linux de Galicia <
g...@mancomun.org>


Boa tarde.
Son Alberto Permuy(apermuy) da Comunidade O Zulo. Estivemos "falando" entre
nos o tema do SFD2010, de feito xa o falamos con Miguel o día das VII
Xornadas de Sw en Mugardos en Xuño, en argallar "algo" para tan sinalada
data, pero entre lio e lio non dabamos arracado coa historia....

A nosa proposta é a seguinte:

   - Temos invitacións para as todas (entre 15 ou 20) as persoas que se
   queiran pasar polo Kernel2010 e sexan membros dos GULs. A operativa da
   inscrición sería moi sinxela. Pasades por
   http://www.comunidadeozulo.org/kernelins e nome campo nome
   engadides[GUL], por exemplo : Lois[GUL]
   - Tema cea/comida. Mellor comida, que correría pola nosa conta(non
   comeríamos percebes, pero de seguro que non pasaremos fame). A cea xa está
   argallada, é unha laconada, a cal t...@s os que veñades co prefixo[GUL]
   tamén estades invitados, por suposto.
   - Durmir. Se vos gusta o pobo e o evento , e queredes quedar a durmir
   tampouco hay problema. Cuestión de falar o tema e concretar.
   - Tema SFD2010: Dispoñemos dunhas tres(3) horas aprox, do sábado 18  para
   realizar as actividades relacionadas. Dispoñemos dunha sala, proxector,
   capacidade para 30-40 persoas, conexión a Internet(cable e Wifi) e ó mellor
   uns cantos PCs para trastear.

¿Que vos parece?

P.D: As invitacións son para os 4 días do evento , dende o xoves 16 ate o
domingo 19. ;)

Saúdos.
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a