2010/10/18 Fran Dieguez <lis...@mabishu.com>:
> Ostras!
>
> O do cliente de terminal é moi bo. A min realmente o que me interesa é
> que se poida automatizar.
>
> Eu teño escrito uns pequenos scripts que me descargan os cambios desde
> todos os proxectos GNOME desde o repositorio git central só se hai
> cambios nas cadeas e nese caso móstrame unha notificación de que teño
> traballo pendente.
>
> Chegado ao momento estaba pensando en implementar un sistema de colas ou
> integralo con un sistema de tracking de proxectos, que me cree tickets
> de traballo con estimacións do tempo que me levaría.
>
> Todo isto para cuantificar o tempo e traballo feito. A veces creo que é
> preciso cuantificar o traballo voluntario que facemos.
>
> Se o que me comentas do cliente de terminal funciona ben só tería que
> cambiar unha das capas que teño implementadas.
>
> Grazas e saúdos.
> --
> Enviado desde Ubuntu
>
>
> O Lun, 18-10-2010 ás 17:22 +0200, Felipe Gil-Castiñeira escribiu:
>> Ola Fran,
>>
>> Pódoche dicir que o usan en Fedora e tamén en MeeGo (creo ademais que
>> Intel está financiando o seu desenvolvemento). O desenvolvedor principal
>> creou hai pouco tempo unha empresa que ofrece servizos sobre Transifex:
>> http://www.indifex.com/
>>
>>
>> On 18/10/10 16:57, Fran Dieguez wrote:
>>
>> > O meu principal medo e que pechen a posibilidade de uso do git directo e
>> > me vexa forzado a enviar toooodos os ficheiros (uns 50) ao Transifex, no
>> > hipotetico caso de que se migre.
>>
>> Non sei se che sería suficiente, pero Transifex ofrece un cliente para a
>> liña de ordes: http://help.transifex.net/user-guide/client.html

Non creo que poidan pechar o git directo, e en todo caso sempre lles
podes xustificar por que deberian deixalo aberto. En Xfce hai pouco
máis dun ano que puxeron o Transifex e estou seguro de que hai xente
que non usa e envia directamente a git.

>> > Coido que isto non vai ser asi pero ao
>> > que vinha esta mensaxe era:
>> >
>> > Que opinades do Transifex? Madurez? Funcions? Vantaxas? Desvantaxas?
>> >
>>
>> Miguel Bouzada estáo usando moito máis intensamente ca min (e creo
>> recordar que Leandro o usa desde hai ben tempo), así que as súas
>> opinións son moito máis autorizadas, pero a min estame gustando bastante
>> xa que permite ter unha interface centralizada para tódolos ficheiros
>> (independentemente do tipo de repositorio co que se traballe en
>> "upstream"), bloqueándoos cando alguén está traballando neles. Agora
>> tamén ten un editor para traducir directamente en liña, e soporta tanto
>> gettext como Qt.

Vantaxes:
 * Permite enviar traducións contra diferentes SCV (git, svn, hg...)
 * Permite bloquear ficheiros
 * Permite revisión
 * Interface web: ideal para tradutores que non saiban moito de SCV
 * Permite xestionar múltiples proxectos á vez
 * Permite xestionar múltiples versións do mesmo proxecto á vez
 * Permite traducir en liña: o editor é básico, pero moi xeitoso para
rematar eses ficheiros aos que lles quedan poucas cadeas
 * Historial de accións
 * Discusións? Isto debe ser novo
 * Permite exportar táboas de estatísticas a outros sitios web: ideal
para Trasno
 * Páxina de equipo con info como coordinador (creo que só un) e rolda de correo
 * Desenvolvemento activo


Desvantaxes:
 * As páxinas do equipo non permiten gardar tanta información como
interesaría. Botarías de menos ligazóns para apuntarse á rolda,
bugzilla, info de contacto de tradutor (só permite enviar mensaxes)
 * As páxinas de equipo son por proxecto, non hai un único equipo de idioma
 * Non podes ir á páxina dun idioma e ver as estatísticas de todos os
proxectos para os que ese idioma ten tradución. En vez diso tes
ligazóns ás estatísticas deses proxectos
 * Os ficheiros hai que subilos un a un (a non ser que cambiara no
último mes. Teño enviado un ticket para isto)

Non é que sexa moito.
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Reply via email to