respondo na lista ou no foro?    :D  :D   Fareino aquí ;)

Por puntos:

- no foro hai unha "ligazón", na sección Navegación, que pon: "Comentarios
recentes". Máxicamente lístache as mensaxes dende a túa última entrada no
foro.

- ver punto anterior. A mensaxes tamén veñen sóas.  E ademáis non teríamos,
todos os da rolda, unha "copia de respaldo" de tódolas mensaxes. Para iso
está o servidor ;)


Drupal e Mailman pódense ligar para que cada usuario teña acceso no formato
preferido ós contidos?

2010/11/3 Fran Dieguez <lis...@mabishu.com>

> Eu son anti-foros por unha razón tecnolóxica e pragmática.
>
>  - Para obter os contidos dun foro tes que abrir a páxina web, ir
> mirando en cada subforo que novas mensaxes aparecen. Digamos que o modo
> de acceso ao contido nos foros require do usuario sexa totalmente
> activo.
>
>  - Para obter os contidos dunha rolda de correo tes que abrir o teu
> cliente de correo electrónico e visualmente podes ver que mensaxes non
> foron lidas e incluso gardalas para momentos de desconexión. Digamos
> pois que neste caso o modo de acceso é pasivo por mor de que o contido é
> o que se achega ao usuario e non o contrario.
>
> Este debate é o mesmo que o de acceso direto ás webs ou acceso ás mesmas
> mediante un agregador RSS.
>
> Coidado! O que non estou dicindo é que non se poida usar unha solución
> intermedia, isto é, conectar o Drupal ao Mailman para que a comunicación
> sexa bidireccional entre as dúas instancias.
>
> Saúdos
> --
> Fran Dieguez
> Coordinator of Galician translators team of GNOME and Ubuntu
> Trasno Association (www.trasno.net)
>
> O Mér, 03-11-2010 ás 10:58 +0100, Xose M escribiu:
> > certo, o título é para atraer a atención e que leades o contido.
> >
> >
> > no foro de Trasno expoño o meu
> > parecer: http://www.trasno.net/content/%C2%BFpor-qu%C3%
> > A9-non-se-usa-o-foro-do-trasno
> >
> >
> >
> >
> > --
> > Xose M
> > ----------------
> > Non imprimas este correo electrónico se non é preciso.
> > ----------------
> >
> >
> > _______________________________________________
> > Proxecto mailing list
> > Proxecto@trasno.net
> > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>



-- 
*Xose M*
----------------
Non imprimas este correo electrónico se non é preciso.
----------------
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a