Lede as listas de X.org, veredes que o desenvolvedor de Wayland é
desenvolvedor de X. 
Polo que vin X estase convertendo nun monstro e Wayland ao ser feito por
un desenvolvedor de X (IBM) e con novo esquema pode ser que sexa un bo
cambio. Agora mesmo está sendo empregado en dispositivos móbiles co que
enténdese que é moito máis livián. Ademais está feito sobre OpenGL co
que ten outro punto a favor. 

Pola contra Wayland ten/terá dous importantes problemas:
 - Nvidia xa dixo que non daría compatibilidade nos drivers a outra
cousa que non fora X. Que casualidade, que para que funcione Wayland,
tes que facer módulos de kernel e que funcione o KMS => significado
liberar código ao kernel Linux. NVIDIA FAIL!
 - Aínda está moi moi verde, polo momento eu só vin pintar primitivas e
algunhas probas de concepto

Lembrades cando Ubuntu migrara o sistema de arrinque de servizos a
upstart? Todos, incluído eu, tirábamos pedras e agora todas as distros
incluso Debian emprégano pola súa rapidez.

No tema de Unity, aí si que estou de acordo convosco, non deberían
fragmentar o escritorio, pero coidado o único que cambian é o aplicativo
que está á vista. O resto é GNOME, e Unity é GNOME xa que está
programado en GTK entre outras tecnoloxías/bibliotecas propias da
plataforma GNOME.

Eu estou probando xa o Unity e máis o Gnome Shell, e vexo comprensíbel
que Shell cambiara. Pensade que Ubuntu ten financiación para pagar a
deseñadores de interacción, protypers de UI e facer probas de
experiencia de usuario. Que de feito publican aquí:
http://design.canonical.com/. E GNOME, KDE, e calquera outro debería
poder empregalas, como xa o fan.

E xa como último punto, Wayland é LGPL v2 (desde onte mesmo) e Unity é
GPL v3. Non son libres entón?

Saúdos a t...@s

O Lun, 22-11-2010 ás 22:52 +0100, Adrián Chaves Fernández escribiu:
> Miguel Bouzada:
> > http://www.alcancelibre.org/article.php/influencia-unity-gnome-shell
> > http://www.alcancelibre.org/article.php/ubuntu-descartara-x-en-favor-waylan
> > d
> 
> Joder...
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Reply via email to