2011/1/26 Fran Dieguez <lis...@mabishu.com>: > Ola rapaces, > > logo de que Leandro me ensinara a ferramenta pology (dentro a orde > posieve) e aproveitando as regras que Marce escribiu para o idioma > galego, xunto coas regras que importou da minha ferramenta GRIL... > púxenme a aplicalas a GNOME Core 3.0. > > Podedes encontrar o relato de como usei a ferramenta na seguinte páxina > da wiki de trasno, con estatísticas iniciais e finais para as dúas > pasadas que fixen coa ferramenta. > > http://wiki.trasno.net/Verificaci%C3%B3n_con_Posieve_en_GNOME_3.0 > > Estiven continuamente enviándolle correos con falsos positivos a Marce > para que poida corrixir as regras e metendo excepcións segundo > corresponda. > > Como valoración persoal quero dicir que esta ferramenta promete moito e > que debemos usala en tódolos proxectos, xa que as últimas regras que > Marce ten escrito, incluso os consensos da Trasnada10, son bastante boas > e axudan bastante. > > Anexo un parche cos cambios que fixen nalgunhas regras ou mesmo aquelas > que tiven que eliminar porque ou ben non funcionan ben ou ben funcionan > de máis. > > Aínda así as estatísticas finais non son correctas xa que a cantidade de > erros finais (400 e pico) conto que máis do 80% son falsos positivos > (regras están ben escritas pero que o contexto valida a tradución).
Eu paseille só as regras da Trasnada a Xfce e fixen uns 90 cambios, entre os que se inclúe un «ventá» que se escapou da homoxeneización de «window» de hai máis dun ano. Isto podemos sumalo aos máis de 600 cambios feitos á man, e con moito traballo, antes de usar Pology. O certo é que a integración de Pology con Lokalize é incriblemente útil e facilita moitisimo o traballo, xa que abre os ficheiros nos que se detectaron erros e só se mostran as cadeas con posibles erros detectados (mostrando os comentarios devoltos por Pology respecto dos erros que di detectar na cadea en cuestión). Revisar de forma automática as traducións deste xeito é moi agradable, sobre todo despois de eliminar Marce certos falsos positivos que non deberían saltar. Comento tamén que se crearon dous bugs, un para Virtaal e outro para Gtranslator, para que se inclúa compatibilidade con Pology nestas dúas ferramentas e non obrigar á xente a cambiarse a Lokalize para aproveitar ao máximo Lokalize. O desenvolvedor de Pology mostrou o seu interese e está agardando a que os desenvolvedores desas dúas outras ferramentas movan ficha, así que non viria mal que presionedes algo para darlle prioridade a estes bugs: Bug para Gtranslator: https://bugzilla.gnome.org/show_bug.cgi?id=640445 Bug para Virtaal: http://bugs.locamotion.org/show_bug.cgi?id=1851 Moitas grazas polo teu gran traballo nas regras Marce!! E tamén a Chusslove por crear o Pology! Propoño facer un obradoiro de dez minutos na vindeira Trasnada para que a xente aprenda a usar o básico. Deica _______________________________________________ Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto