Ola,

Algo recordo de que houbera bastante confusión entre os equipos de
localización sobre esta funcionalidade. O malo é que se tivo que facer
a actualización da tradución en apenas unha semana ou menos, hai xa
moitos meses. O resto do tempo ata agora ocupouse no organización do
fork e no arranxo de bugs de programación. LibO non ten aínda
tradución propia así que colleron a de OOo.org. E non se puido
corrixir nada desde entón porque, aínda que estea corrixido en Pootle,
a tradución ficou conxelada desde entón para esta versión. Houbo
moitas queixas e peticións a OOo.org de que se puidesen meter
correccións mediante o sistema de incidencias (bugs) pero non houbo
resposta.

Os organizadores de LibO prometen uns procesos moito máis fluídos para
a localización, a ver se é certo.

En todo caso, agora vese moito máis claro o erro. Esperemos que saia
pronto unha nova versión con todas as correccións que están pendentes.
Como combinamos ambos proxectos, agora mesmo o urxente é testar e
aprobar a rc10 para que a pasen a mirrors (un par de semanas)

Grazas Xosé

P.S. Tamén están pendentes de corrección aínda as anteriores pero xa
as revisei (contrastando a versión inglesa e tanto en LibO como en
OOo.org)  e tes razón maiormente. Discrepo só nun par delas.

Se pode ser, enviade estas cousas directamente á lista propia, tal
como se fai no caso dos demais proxectos porque senón queda todo moi
liado para facer un seguimento. (disc...@gl.libreoffice.org)


Saúdos,

Antón



2011/1/26 Xosé <xoseca...@edu.xunta.es>:
> Erro importante nunha funcionalidade nova! Atópase en Formato > "Título de
> páxina". É unha tradución totalmente errada e que deixa sen sentido esta
> funcionalidade, como se pode ver se se abre ese diálogo.
>
> Non se trata de "Título de páxina", senón "Portada". De feito, o estilo de
> páxina co que se crea é "Primeira páxina" - co cal hai que resolver tamén esta
> diferenciación, que é "Front Page" (ou "First Page"?) e que é "Title Page".
>
> Xosé
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a