On Thu, 3 Feb 2011 17:54:17 +0100
Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com> wrote:

> 2011/2/3 Adrián Chaves Fernández <adriyeticha...@gmail.com>:
> > 2011/2/3 J.M. Castroagudín <chavescesu...@gmail.com>:
> >> On Wed, 2 Feb 2011 23:51:26 +0100
> >> mvillarino <mvillar...@gmail.com> wrote:
> >>
> >>>> todos ese ficheiros. Creo que da igual que só seleccione aqueles
> >>>> ficheiros cuxa icona quedou totalmente dentro da caixa no
> >>>> momento de soltar o botón ou que tamén inclúa aqueles cuxa icona
> >>>> quedou parcialmente dentro.
> >>>
> >>> No programa ese os diferentes métodos de escolla levan apelidos
> >>> diferentes. (Tal vez o qcad e semellantes tamén)
> >>
> >> E que ten de malo "seleccionar arrastrando"? Eu creo que sempre lle
> >> chamei así, aínda que moi seguro non estou tampouco...
> >
> > E “selección de arrastre” como substantivo, por gracioso que poida
> > soar, entenderíase :)
> 
> Creo que me convence máis «selección elástica». O da «selección por
> arrastre» da a idea de arrastrar algo, creo eu. Hai máis opinións ou
> ideas?

Pois... claro que arrastras algo. O punteiro do rato. non?

PS: na miña terra dise "arrastear". Bue, na miña terra, ou se cadra
só na miña casa, vaya usté a saber. Alguén máis o di así?

> 
> Deica
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto



-- 
Saúde,

J. M. Castroagudín (jchaves)
http://chav.es
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a