Boas:
Sempre me atopo co mesmo problema e vese que non son quen de resolvelo.
Resulta que teño un cartefol con 150 ficheiros .po pendentes de traducir.
E teño outro cartafol con uns 90 .po que están traducidos.
Gustaríame saber se hai maneira de poder facer un merge entra ficheiros po dos dous cartafoles.

Estou coa tradución do Joomla 1.6 e a verdade é que estou bastante agoniado co tema. O que máis me amola é ter que estar a traducir o xa traducido, non teño nin idea de como reaproveitar o traballo feito e o de partir de 0 non me está a resultar nada motivante. Para a tradución da parte da portada traducín o 100% desde cero a traveso do pootle de trasno agora teño pendente a parte de administración (uns 150 ficheiros) e non estou moi motivado a traducir todo desde 0. Volvo á pregunta inicial, hai forma de pasar o xa traducido ao pendente de traducir para que o que coincida sexa inserido como suxestión?

Veño de probar varias opcións. Wordforge, o que mellor pinta ten, pero non dou sabido como usalo. O virtaal, non vexo que xestione proxectos e como no meu caso manexo tantos ficheiros non me acaba de convencer ademáis só permite o uso dun ficheiro de teminoloxía.

Paréceme raro que non haxa algo tan simple como:

Teño este grupo de ficheiros .po sen traducir.
pois agora busca neste outro grupo posibles traducións para os primeiros (os que están sen traducir) isto existe?




_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a