Se se "rexistran" non haberá que aprobar nada, xa que é automático,
outra cousa é que alguén envíe un correo a lista sen estar rexistrado
que iso si que pode ser un lío... así que... que se rexistren e xa non
hai ningún problema.

Nota, cando lles indiquedes como rexistrase explicádelle tamén como
darse de baixa, por se rematado o fiadeiro (ou calquera ano destes)
queren facelo.

2011/3/31 Enrique Estévez Fernández <e...@keko.me>:
> Boas a todos.
>
> Mañá tiña pensado que os alumnos do Fiadeiro se rexistraran na lista
> de Trasno e ver se conseguimos que interactuan con todos vos ao longo
> do día e sobre todo sábado a mañá que é cando temos a parte forte do
> curso.
>
> Así que lle pido ao responsable da lista, que estea atento e que
> aprobe as solicitudes para que poidan recibir mensaxes e envialas. E
> os que teñan tempo que contesten as dúbidas do curso. Tanto mañá como
> o sábado, pero especialmente o sábado.
>
> Mañá teremos curso de 12 a 15. E o sábado, intensivo de 10 a 19.
>
> Tamén vamos a usar a canle do irc de Trasno.
>
> http://webchat.freenode.net/?nick=&channels=trasno
>
> Mañá, de 13 ata as 15, estará Antón respondendo as dúbidas que lles
> xurdan. Se alguén se anima, tamén se agradece.
>
> Calquera suxestión sobre a comunidade ou sobre que pode ser
> interesante contarlles, lanzádea aquí, para darlles a máxima
> información posible sobre localización.
>
> Un saúdo.
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>



-- 
 /\  Dia da liberdade dos documentos -  Libera os teus documentos
_\/` http://documentfreedom.org/     -  30 de marzo de 2011
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a