Envíovos este correo para presentarme , son David Diz . Actualmente traballo no desenvolvemento e implantación de software empresarial mediante a ferramenta de código aberto OpenERP http://www.openerp.com/es
O proxecto está aloxado en launchpad https://launchpad.net/openobject Esta ferramenta é multilinguaxe e as traduccións fanse mediante arquivos .po e pódense descargar ou editar online en launchpad a través de rosetta, por exemplo a traducción da última versión estable do servidor: https://translations.launchpad.net/openobject-server/6.0/+pots/base/gl/+translate Dende fai un par de anos levo facendo aportacións a traducción ao galego do servidor , os clientes web e gtk e os módulos dispoñibles ( mais de 500 ) aínda que de forma independente valéndome das ferramentas existentes. Foi Enrique Estévez (Keko) da oficina de software libre da usc quen me fixo saber da existencia desta lista de correo. Un saúdo.
_______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

