Bo traballo Damufo. Eu non dou abasto co traballo e sobre todo non teño tempo de organizar o proxecto como dios manda, pero bueno, tan pouco vexo a xente con gañas de colaborar.
Eu xa me estou arrepentindo de coller a coordinación xa que non me vexo capacitado para o traballo e polo menos a min requíreme moitísimo tempo, xa que agora teño que facelo todo eu e cando envío cousas soltas para traducir a xente tarde en responder e en principio non temos moita marxe de maniobra aínda que despois, un envía o traballo ou resolve o bug (de alta prioridade) e despois non o pechan nin pa dios. Así que paciencia. Agora que estaba tentando sacar tempo para ver como organizar a colaboración caeme a actualización de Seamonkey, que ou entramos nesta versión a final de semana que o vexo imposíbel ou na de dentro de 6 semanas, pero está todo por facer. Máis de 3000 cadeas por aprobar e por traducir. Así que a marchas forzadas, xa que senon entramos nunha das dúas, quitan o idioma galego das construcións e iso non pode ser, porque despois para volver a metelo sudaríamos tinta. Así que me esperan dúas semanas de traballo intenso e traducir moito e pouca calidade (moi ao meu pesar). E despois os cursos de verán, co que no mes de xullo xa non terei tempo para organizar nada do traballo, simplemente ir parcheando. Perdoade pola parrafa. Damufo non te despistes, xa que en 6-12-18 semanas, debería saír a nova versión, se entendo algo de como funciona o ciclo este rápido de desenvolvemento, pero tampouco podo aseguralo. Así que terás que andar con tino co do corrector de galego, que desde que un o fai ata que eles lle dan o OK pasa o seu tempo, co que de entrada, hai que facelo o antes posíbel, se poder ser para onte, jeje. Saúdos. 2011/6/29 damufo <dam...@gmail.com>: > Boas María: > > Desculpas pola demora. O engadido está a espera de revisión por parte do > equipo de mozilla. > Se tes presa podes instalalo aínda que indique que indique que é compatible > até a versión 4 instalase correctamente na versión 5. > > https://addons.mozilla.org/es-ES/firefox/addon/corrector-de-galego/ > > >> >> ---------- Forwarded message ---------- >> From: <marian...@edu.xunta.es <mailto:marian...@edu.xunta.es>> >> Date: 2011/6/29 >> Subject: [Contacto] firefox 5.0 e o corrector de galego >> To: i...@trasno.net <mailto:i...@trasno.net> >> >> >> marinela enviou unha mensaxe empregando o formulario de contacto >> en http://www.trasno.net/contact >> >> Ola >> estou a actualizar os navegadores na aula de informática do meu >> cole, e encóntrome coa sorpresa de q o firefox 5.0 non é >> compatible co corrector de galego. >> Así que, por un lado agradecervos todo o esforzo feito na >> actualización do mozilla, e por outro pedirvos que advirtades de q >> esa actualización non é compatible co dicionario (hale, todo >> subliñado de vermello!) >> Saúdos >> Nela >> >> > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > Proxecto@trasno.net > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > _______________________________________________ Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto