Boas.

Acabo de ver o fío. Non teño moi claro en que se quedou.

O tema está en que:

action - acción
activity - actividade
appointement - cita
meeting - reunión, encontro

event - Bouzada di acontecemento, acción

Pensando na interface, Novo acontecemento faise un pouco longo, non
sei como quedará. Debería ser algo xenérico, xa que pode ser moitas
cousas, desde unha reunión, unha cita, unha actividade, etc, son
cousas que un apunta na súa axenda para acordarse delas. A min non me
desagrada o de cita, xa que se pode empregar con moitos significados,
é unha cita que tes para facer algo.

En que queda a discusión?

Saúdos.

2011/8/22 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>:
> 2011/8/4 Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>:
>> Eu , polos criterios expostos de impresiblidade, estou a traducilo por
>> acción ou acontecemento, segundo o contexto
>>
>> no caso dun "calendar" adoita ser algo como unha xuntanza, polo tanto
>> un "acontecemento" ... que podería seren precisado en forma de
>> "encontro" etc.
>
> Remexendo no correo vexo que isto xa se discutiu:
> http://trasno.net/lurker/thread/20101117.215703.f3fe4184.gl.html#20101117.215703.f3fe4184
>
> En outros fíos vino como «acontecemento», «incidencia» ou «acción»
> aínda que non necesariamente relacionado co «event» que se poría nun
> calendario ou axenda.
>
> Deica
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a