2011/10/5 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>:
> 2011/10/5 Kaptan <khan...@gmail.com>:
>> Boas tardes,
>> Douseme por poñerme a traducir software náutico que utilizo habitualmente
>> (OpenCPN, Zygrib...), e como é a primeira vez que traduzo pois teño algunhas
>> dúbidas.
>> Comecei con OpenCPN, cun arquivo .pot (aquí: http://ir.gl/61ceff), xa fixen
>> case toda a tradución, pero nalgúns casos paréceme imposible de facer, xa
>> que sen saber o contexto é difícil saber a que se refire. Ex: Rollover,
>> aparece varias veces así todo xunto, e sen o contexto... Offset tamén, por
>> ex. "User X Offset" Podería ser algo así como "Usuario X
>> compensado/desprazado"???, Timestamp

Ou Desprazamento do usuario X (mellor adaptalo ao caso concreto)

>
> A tradución maioritaria e recomendada pola maior parte dos glosarios
> para «timestamp» é «marca de tempo». Respecto ao verbo a cousa non
> está tan clara.
>
> «offset» podería traducirse como «desprazamento», pero a veces hai
> palabras que en determinados contextos hai que traducilas dunha forma
> diferente á normal. Precisaría algo máis de contexto.
>
>> , Quilting (por ex. "Disable Full Screen
>> Quilting" ou "Enable Chart Quilting" que ven sendo unha opción que ten o
>> programa para xuntar diferentes cartas en unha coa mesma escala, pero non
>> lle encontro unha tradución concisa).
>
> Despois de mirar en dicionarios parece que a idea é crear un mapa, ou
> unha manta, xuntando varios anacos. Sei que hai unha palabra para
> expresar isto, pero non me sae.

patchwork ou tecido con retallos

>
>> Por iso preguntaba que soedes facer vos neses casos no que a tradución pode
>> ser moi ambigua, se deixalo en inglés ou que. E si alguén me puidera
>> iluminar un pouco respecto a estos termos tamén estaría ben :)
>
> Pois preguntamos aquí. Evidentemente a veces antes de vir aquí coa
> dúbida intentamos ver se son cousas que xa se discutiron antes e para
> as que hai solución (caso de timestamp). Pode que non se teña
> discutido pero que alguén propuxera unha tradución, o cal se pode
> consultar en http://en.gl.open-tran.eu/ Non o tomes a mal, que boa
> parte de nós tampouco nos paramos a buscar estas cousas.
>
> Outras veces consultando un dicionario, como os que hai en
> http://wiki.trasno.net/Recursos_do_idioma_ingl%C3%A9s podemos resolver
> a dúbida sen necesidade de acudir á rolda. Hai moitos máis recursos na
> sección de recursos do wiki: http://wiki.trasno.net/Recursos
>
> A veces hai textos que son difíciles de entender ou case imposibles de
> traducir directamente. Nestes casos axuda localizar o lugar exacto no
> que aparecen na interface para entender de que se trata, o que vén
> sendo ese contexto do que falabas.
>
> No caso deses "rollover" dos que falas pode ser que non haxa que
> traducilos xa que parece que moitas veces son varias palabras pegadas.
> En caso de dúbida é mellor preguntarlles directamente aos
> desenvolvedores, porque xa non é a primeira vez que se decatan de que
> marcaron textos para traducir que non hai que traducir. Esta opción a
> veces é especialmente útil xa que así os desenvolvedores tamén poden
> engadir comentarios para axudarlle aos futuros tradutores en caso de
> que si sexa algo que hai que traducir e en caso de que estean polo
> labor.
>
> Tamén se pode dar o caso de que facer unha tradución directa non sexa
> a mellor opción. A veces hai que captar a idea que se quere expresar e
> despois intentar expresala en galego. Nestes casos o parecido da
> tradución co texto orixinal pode ser case inexistente, pero o usuario
> é capaz de entender perfectamente o que se quere transmitir. A isto
> poderiamos chamarlle tradución interpretativa. Isto dase a miúdo cando
> o que redactou o texto en inglés non é capaz de expresarse
> correctamente. Para facer isto é moi recomendable abrir o programa que
> se vai traducir e ir traducindo os textos que se ven na interface.
>
> En casos tan particulares como este, cunha terminoloxía tan
> específica, a veces hai que traballar máis do normal para poder
> traducir dado que hai que resolver antes o problema da terminoloxía.
> Se se atopan glosarios sobre ese campo en particular reaprovéitanse,
> pero a miúdo non se conta con esta axuda.
>
> En caso de non saber como traducir sempre se pode deixar sen traducir.
> O programa poderase seguir empregando en galego, só que para eses
> textos en particular aparecerá o texto en inglés. Nun futuro sempre se
> pode rematar a tradución cando se teña un coñecemento máis amplo.
>
> Deica
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a