2012/4/1 Enrique Estévez Fernández <e...@keko.me>:
> Boas.
>
> Como se está traducindo o termo app store. Eu optei por tenda de
> aplicativos en liña e deixar entre paréntese o termo orixinal. A
> continuación as cadeas que se refiren ao termo. Debe ser unha xanela
> que sae no firefox móbil cando seleccionas algún menú.

«online» discutiuse nunha das últimas Trasnadas e decidiuse que se
traduciría como «conectado» ou «con conexión», e en caso de ser
necesario recurririase á tradución interpretativa, pero nunca se
debería usar «en liña».

> Ao mellor xa está discutido ou xa se propuxo algo pero non lembro e
> nun vistazo rápido non atopei nada.
>
> "Your Apps"
> Os seus aplicativos (Sería o título da xanela)
>
> <!ENTITY aboutApps.noApps.pre "No web apps installed. Get some from the ">
> Ningún aplicativo web instalado. Obter algún desde a
> <!ENTITY aboutApps.noApps.middle "app store">
> tenda de aplicativos en liña (app store)
> <!ENTITY aboutApps.noApps.post ".">
>
> E como se está traducindo: Marketplace. Xa se debateu, algunha proposta?

Como son nomes propios e non nome xenéricos eu mantería o nome
orixinal en ambos casos xa que son marcas.

Deica
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a