Boas:

En 17/04/2012 1:20, Antón Méixome escribiu:
El día 17 de abril de 2012 00:34, Fran Dieguez<lis...@mabishu.com>  escribió:
Conta comigo para movidas técnicas.

Por certo, unha idea... serái posíbel que a RAG nos dera recursos, como por
exemplo un listado dos lemas, para facer deste dicionario algo máis
completo?
Como falamos aí atrás,
pedinlle ao novo académico, Henrique Monteagudo que mirasen de ofrecer
unha API ou poñer un servidor DICT sincronizado.
Respondeume que xa meteu o asunto para consideración do Pleno e que
non sabía aínda moi ben os procedementos polo que non me podía dar
datas.

De todas maneiras, non estaría mal enviarlles unha carta un pouco máis
detallada e explicada, porque os académicos en xeral non teñen por que
ter idea de todo isto, aínda que agora haxa persoas que xa si son
tecnoloxicamente accesibles.
O peor inimigo sería que "tivesen medo" ou que alguén con intereses
llelo metesen.
Penso que isto sería cousa boa, o da carta. Para evitar o do medo poida que unha boa explicación de en que consiste un servidor DICT e as vantaxes/posibilidades que isto ten axude.



Saúdos

Fran Diéguez
http://www.mabishu.com
GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8

En 16/04/12 13:19, Antón Méixome escribiu:

El día 16 de abril de 2012 10:09, damufo<dam...@gmail.com>    escribió:
Boas:
Se non me erro temos unha páxina onde imos deixando constancia de
eivas/melloras a incluír no corrector de galego (hunspell).

En mancomún hai esta:

http://wiki.mancomun.org/index.php/Corrector_ortogr%C3%A1fico_para_OpenOffice.org#Erros_detectados_e_en_revisi.C3.B3n

Eu penso que ditas eivas son referidas á versión de mancomún e non á de
Miguel Solla.
Temos algo parecido no wiki de trasno?

Si
http://wiki.trasno.net/Corrector_Hunspell

A páxina de Mancomun fixeraa eu mesmo e tes razón en que se refiere á
versión do corrector de Mancomún

(http://wiki.mancomun.org/index.php/Corrector_ortogr%C3%A1fico_para_OpenOffice.org
), previa á de Miguel Solla. Esa páxina está vinculada ao mantemento
dos ficheiros na Forxa de Mancomún

Se facedes memoria, desde Mancomún pedíronse voluntarios hai xusto
agora un ano para responsabilizarse da administración porque en
Mancomún non queda ninguén que faga seguimento da Forxa. Este é un
proxecto que non ten présas, pero que necesita claridade e
estabilidade. Por iso me ofrecín

https://forxa.mancomun.org/projects/hunspell-gl/

Fixen unha copia por seguranza por se acaso (creo que Fco. Rial tamén
tiña unha copia)
https://github.com/meixome/hunspell-gl
E tamén fun recollendo material, documentación, referencias, ficheiros
e todo o que puiden no blog
http://blog.openoffice.gl/recursos-ortograficos/

Naturalmente é moito choio e coincidiu co propio nacemento de LibO e
moitas outras cousas e ata agora non tiven tempo de máis.
É evidente que atendendo tantas historias á vez non facilita avanzar.
Así que pido axuda para este proxecto grupal de Trasno que o
considero, se podes.

Hoxe en día habería que recomprobalo todo, recuperar as notas que se
foron deixando na lista de Trasno e noutros lugares, e ir sacando
melloras, xa que a versión de Proxecto Trasno si que utiliza a versión
de hunspell de Miguel Solla.

Tamén sería importante empaquetalo e remitilo actualizado ás distintas
frontes onde é útil (Mozilla, LibO, AOO, Debian, ...).

É dicir hai varios sitios onde hai moito traballo que facer:
coordinación, desenvolvemento, empaquetado e mantemento, integración
con outras ferramentas, publicidade, erros, probas, etc.






_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a