---------- Forwarded message ----------
List-Post: proxecto@trasno.net
Date: Thu, 22 Jul 1999 14:56:55 +0200
From: Imaxin <ima...@imaxin.com>
To: "'g...@ceu.fi.udc.es'" <g...@ceu.fi.udc.es>
Subject: Ola

Ola. 
Son José Ramom Pichel, antiguo aluno da Faculdade de Informática e membro da
Plataforma polo Galego na Informática.  Primeiro, darvos a noraboa pola
criazón da vosa organización, o cual indica que por fin na FIC comeza a
haber movimento.  Segundo, dicervos que se queredes axuda para a traducción
total das vosas páxinas ao galego, podedes contar connosco.  Terceiro, son
membro tamén do proxecto xis http://xis.vieiros.com, o primeiro navegador
totalmente en galego, e souben por causa de Xaquín (bibliotecário) que
estades a traballar na traducción do Linux ao galego. Se é así, desde o
proxecto XIS acho que estariamos dispostos a colaborar convosco, para un
labor tan grande e ao mesmo tempo tan importante para o noso idioma.

Espero as vosas contestacións. 
Saúdos. 

--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poniendo "unsubscribe" na mesaxe
  • Ola (fwd) Asociacion Universitaria GPUL

Responderlle a