Esta semana poñería a lista, pero é que é igual á da semana pasada, e non é como para andar repetindo información... X-)
Recórdovos que hai unha páxina cutrweb (:-!) en www.ctv.es/USERS/jtarrio/trans/, ou, se vos gostan as URL máis curtas, web.ctv.es/USERS/jtarrio/trans/ (síntovolo, pero non as teñen máis curtas :-P) na que está a lista esta, o conxunto de ficheiros .mo (os .po, pero xa compilados e preparados para usar) coas instruccións de uso e todo iso... Tamén hai uns poucos .pot (poucos, que non é a cousa para tanto X-)) e un enlace, vínculo, ligazón, ligaçom ou ligação, como prefirades, ao servidor onde está almacenada (ou armacenada :-?) toda a cousa esta do GNU translation project... E falando do rei de Roma, lémbrovos que os que queiran que as súas traduccións sexan oficiais, teñen que encher, asinar e enviar un 'translation disclaimer' (en cristiano, unha renuncia a poñer en práctica os dereitos do copyright sobre as nosas traduccións de cousas de GNU -- moi útil e válido en España, todo sexa dito X-)), por correo convencional ao mesmísimo Richard M. Stallman (toma xa). ¡Que somo-lo equipo oficial de traducción ao galego! :-) Como creo que hai xente que non lembra a forma correcta de usa-lo sobre e o selo e todo iso, aí vos van unhas poucas instruccións: 1- Coa vosa man dereita (esquerda se sodes esquerdeiros) tomade-lo papel no que previamente imprimiste-lo modelo de "translation disclaimer" (que vos envío adxunto a esta mensaxe), convenientemente modificado, e estampade-la vosa sinatura por aí embaixo, onde se vexa ben. A sinatura é manual, non PGP, ollo. 2- Coa axuda da man esquerda (ou dereita, segundo modelos) dobrades e plegades este papel, ben dobradiño e plegadiño, de xeito que caiba no sobre, que tamén debe ter un tamaño axeitado, normalizado (seguro que hai unha norma UNE e todo iso; de tódolos xeitos hai sobres GPL, moi baratos, no estanco da esquina) e, de preferencia, debe ter como adorno unha serie de raias rosas ou vermellas e azuis, que se alternan, deixando entre cada parella un espacio de papel branco de ancho igual ao das franxas. 3- Introducide o papel no sobre, polo furado ou rañura previamente practicada ao efecto polo propio fabricante do sobre. 4- Deixando de desbarrar pola miña parte, vós, de seguido, estraede-la vosa lingua da vosa cavidade bucal, e pasádela pola parte interior da solapa que cobre a abertura do sobre pola que introduciste-lo papel no sobre, procurando depositar unha cantidade abondosa, mais non excesiva, de cuspe, baba, saliva ou excrecencias dixestivas externas (:-?) no borde interno da devandita solapa. 5- Pechade o sobre, procurando que o tan nomeado borde da tan referida solapa descanse sobre o papel do sobre, non da carta; se ese é o caso, deberemos, con toda probabilidade, desfacernos de carta e sobre, e voltar ao paso inmediatamente anterior ao 1. 6- Sen da-la volta ao sobre, e con toda-las solapas lascivamente voltas cara a nós (:-m) escribiremos, sobre a tan manipulada e manoseada solapa, o noso propio enderezo, precedéndoo, a ser posible, da nunca ben estimada e sempre mal comprendida abreviatura "Rte." (fagámoslle xustiza e revelemo-lo que quere dicir: Restaurante.) (non, [en que estaría pensando], Remite). 7- Dándolle a volta ao sobre, producindo un xiro deste ao redor do eixo lonxitudinal (é dicir, que o collemos polo lado esquerdo, erguémolo e volvémolo pousar, sen soltalo nin xira-lo pulso, de xeito que o lado que collemos agora é o dereito), toda a pulcritude, a brancura e a inocencia do sobre revelarase diante dos nosos ollos. 8- Escribindo da forma usual, pero de xeito que a primeira letra quede aproximadamente no centro do sobre, e ningunha outra letra apareza enriba ou á súa esquerda, violentaremo-la inmaculada brancura do noso sobre co enderezo de Richard M. Stallman (toma xa). 9- O seguinte paso precisa dun especial esforzo, pois na maior parte dos casos requerirá unha saída á rúa. Desgraciadamente, non teño tanto tempo como para describi-la técnica coñecida como "camiñar", "andar", ou "o coche de San Fernando, un pouquiño a pé, e o resto andando", así que deberedes busca-los datos necesarios vós mesmos pola Internet esa... 10- Ide a un estanco (recoñécense porque fóra teñen un letreiro cunha bandeira de España en marrón escuro e marrón claro, no lugar de vermello e gualda (sexa o que sexa o gualda :-?), que pon "Tabacos" ou "Tabacalera"; tamén teñen un escaparate cheo de pipas, chisqueiros, cigarrillos e puros; tamén, se se mira dentro, teñen o local cheo de caixas que poñen "Ducados", "Marlboro", "Winston" e "Celtas"). E pedide un selo para os Estados Unidos. Cando vos poñan un de trinta pesetas, ide a Correos e pedide que vos juancarleen a carta para os Estados Unidos. Tranquilos, que xa vos poñerán unha pegatina por duascentas pesetiñas :-) 11- Na porta de Correos, ou nalgún lugar da rúa, veredes uns adminículos, de forma cilíndrica, de cor marela, que presentan unha fendedura, no mesmo lado no que teñen pintada a representación naïf dunha corneta cunha coroa enriba. Depositade alí o voso sobre, e procurade que sexa só o sobre o que baixe pola fendedura, e non a volta dos selos... Ben, puxen este rollo porque xa me preguntou alguén (da asociación, para máis sinais) como se enchía un sobre... Agora xa non hai desculpas... ;-) E o rollo ese de abaixo do geek code, podédelo ver en www.geekcode.com (hai cada tolo por aí ceibo...). -----BEGIN GEEK CODE BLOCK----- Version: 3.12 GCS d@ s:+ a-->++++ C+(++) UL++++ P+++ L+++ E@ W(-) !N o? K? w--- !O M-(--) V-- PS(+) PE- Y+ PGP++@ t+ 5 X+ R tv(+) b++>++++ DI- D+ G e h! r-- y** ------END GEEK CODE BLOCK------
DISCLAIM.bz2
Description: Binary data