On Tue, 31 Aug 1999, Jesus Bravo Alvarez wrote:

> Usage  ->    Modo de emprego           Uso               Utilizaç~ao

        Esta non me convence demasiado. Seguro que hai algo mellor...
¿Ideas?

> msgid "Close the current file"
> msgstr "Pecha-lo ficheiro actual"
> msgstr "Pecha o ficheiro actual"
> 
>       No primeiro caso, ¿sería así ou "Pechar o ficheiro actual"? :-???

        "Pecha-lo ficheiro actual", claro.

> settings ->    parámetros         configuración          parâmetros

        O de parámetros non o vexo claro. Dende logo non é nada natural, e
non da a idea do que é, polo menos nun programa con GUI: unha serie de
datos que determinan o comportamento do programa. Non é como unha función
na que cambias algúns parámetros (como sí é nun programa en línea de
comando), senon máis ben cambiar o comportamento do programa. A min
paréceme moito máis natural neste caso configuración, no senso de
equivalente a "disposición dos elementos dun conxunto", un conxunto neste
caso de datos, que afectan ó programa.

> window  ->      fiestra              ventana              janela
>       ¿Fiestra ou ventá?  Esa é a cuestión. X')

        Aquí usan ventá sempre, iso de fiestra pouquiño pouquiño. Pero
supoño que en outros lados diran outras cousas. E principalmente seguro
que hai unha variante preferente na RALG.

> clipboard ->   portapapéis???       portapapeles          clipboard

        Maletín X-) Rileira X-)) ¿Cómo se chama en galego esa lámina de
cartón plastificado tamano folio, que ten un clip sofisticado na súa
parte superior, e que en castelán se chama portafolios ou portapapeles, e
que en inglés se chama clipboard ou portfolio? No diccionario non ven
portapapéis, nin portafolios, nin clipboard.

> run     ->     executar/correr     lanzar/correr        ejecutar/correr

        O de executar... Sí, é a máis correcta, no senso de "levar a cabo"
ou "realizar". Ademáis, parece que a tradición é clara neste aspecto.
Cousa que non ten de ningunha forma a favor o termo "correr".

> flag    ->       flag                 flag

        Un exemplo donde a traducción segue sendo bastante clara (polo
menos tan clara como no idioma orixinal), e por razóns arbitrarias non se
asume.

        "Bandera" era o que escribía Andrés R. Samudio na MicroHobby, en
castelán, e todos sabiamos a qué se refería.

Jose Dapena Paz | mailto:jdap...@mundivia.es
[GGL developer] | http://personales.mundivia.es/jdapena
                | DynDNS: metalicana.ddns.org
                | Clave publica PGP disponible en pgp.ai.mit.edu

--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poniendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a