------------------------------------------------------------------------
MÁNDOVOS ISTO A TODOS, VAN INCLUIDAS CONSIDERACIÓNS ESPECÍFICAS PARA
GRUPOS E PERSOAS PARTICIPANTES.

DESCOÑEZO A EXISTENCIA DOUTROS GRUPOS OU PERSOAS QUE POIDAN ESTAR
INTERESADAS NESTE PROXECTO ... SE VÓS SABEDES DE MÁIS, FACÉDELLES CHEGAR
ESTA MENSAXE.
------------------------------------------------------------------------

olá:

creo  que algún de vós xa estades enterados ou vos soa algo o tema, pero
para informarvos mellor e para o resto ...

ultimamente estiven falando cos de GPUL-traducción, como membro de
GzLiNuX. por se non o sabedes, o GPUL-traducción
[http://ceu.fi.udc.es/gpul/proyectos/traduccion] é un proxecto dentro do
GPUL [http://ceu.fi.udc.es/gpul], pero de libre acceso á xente que non é
do GPUL. nestes intres adícanse á traducción de programas de GNU e GNOME
(creo que nada máis). en GzLiNuX [http://gzlinux.dhs.org], pola contra,
somos un proxecto "por libre", e actualmente hai moita xente que está no
GLUG, un do GPUL, moitos que non pertencen a ningún outro ... e
traducimos documentación.

o caso: con ánimo de colaborar entre todos os que facemos algo
relacionado co GNU/Linux en galego, decidimos poñernos a falar e nun
principio temos pensado crear algo así como un portal con enlaces aos
grupos ou as páxinas dos grupos integradas nunha sóa; e seguramente unha
lista conxunta para cuestións comúns.

pero para decidir isto, imos crear unha lista que en principio será
temporal para opinar sobre o que deberiamos facer, como debería estar
enfocado, etc. SE QUEREDES ESTAR NESA LISTA DE CORREO para enterarvos do
que pasa ou opinar, que crearemos moi pronto(unhas dúas semanas),
MANDÁDEME UNHA MENSAXE.

polo de agora quen vai estar case con todo seguridade nesa nesa lista de
correo:
 - GPUL e GPUL-traducción: como representantes do GPUL estarán persoas
que tamén estean en GPUL-traducción. vós saberedes ... ;))
 - GzLiNux: eu polo menos.
 - Ramón Flores [http://members.xoom.com/RamonFlores]: traduce
programas, parte do sitio de GNU, e tamén artigos como o que vos mandei
o outro día a varias listas.
 - GLUG: pois eu por parte da mini-distro, e o resto vós saberedes ;))


consideracións específicas para grupos/participantes:


[GLUG] -----------------------------------------------------------------
sería interesante participar por dous motivos:

- a mini-distribución en galego, proxecto que está agora en coma
profundo, pero que aínda non está morto e quizais con este paso adiante
reviva definitivamente. falando con aliban acordamos que sería eu o
representante dese grupo.

- por ser o GLUG un grupo de usuarios galegos, aínda que non haxa outros
proxectos neste sentido, polo menos para estar enterado destas cousas.

así que eu creo que convén que estea polo menos alguén da actual
directiva nesa lista e, por suposto, todo o resto da xente que queira.

xa que a lista do glug non está nada sobrecargada, eu quería que polo
menos opinásedes un pouco sobre o tema.
------------------------------------------------------------------------

[GPUL-traducción] ------------------------------------------------------
vós xa estades enterad@s ... que vos vou dicir ;)))

só que eu creo que convén que estean polo menos @s coordinador@s dos
diferentes proxectos.
------------------------------------------------------------------------

[GzLiNuX] --------------------------------------------------------------
que non se diga que son eu o único do grupo que vai estar ... ou? xDDDD
------------------------------------------------------------------------

[Ramon Flores] ---------------------------------------------------------
ou estás ti nesta sección, ou non está ninguén ... ti verás ;))
------------------------------------------------------------------------


e finalmente, como dixen antes,  SE QUEREDES ESTAR NESA LISTA DE CORREO
que crearemos moi pronto(unhas dúas semanas), MANDÁDEME UNHA MENSAXE.


aburinho!!

________________________________________________________________________
Manuel A. Fernández Montecelo (CrEqUe) <cre...@futura.interbook.net>

GzLiNuX- Documentación de GNU/Linux en galego [http://gzlinux.dhs.org]
GLUG- Grupo de Usuari@s Galeg@s de Linux [http://www.glug.es]
Debian GNU/Linux- The Universal Operating System [http://www.debian.org]
k0me & C what GNU can do 4 U!! [http://www.gnu.org]


--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe
  • LeGAL Jesus Bravo Alvarez
    • Re: LeGAL Manuel A. Fernandez Montecelo
    • LeGAL Manuel A. Fernandez Montecelo

Responderlle a