O Thu  3 Feb 2000 16:46:31 +0100, Raúl Araya Tauler escribía:

> xeitos creo que a eles tampouco lles vén mal unha axudiña na revisión,
> polo pouco que vin de vez en cando escápalles algún erro, e é unha mágoa.

 É, certamente :-)

> >tamén hai (ou había) uns poucos falando de facer un diccionario galego para o
> >corrector ortográfico "ispell"... ou se queres propor algo distinto.
> Canto o i-spell, coñezo un profesor desta facultade que está a traballar 
> niso, e tal vez eu retome o seu traballo, de tódolos xeitos estou esperando 
> por el para que me amose o que xa ten feito para ver de onde parto eu.

 Ese proxecto ten moito interese :-) Xa recibín correos de moita xente da
uvigo sobre ese tema :-))))))

> Je, pois verás, "traductor xurado" non son. É un pouco complicado de 
> explica-lo procedemento para chegar ser traductor xurado.

 Que pena ;-) Non, a cousa era porque é discutible se é válida ou non a GPL,
estando en inglés... se se tivera unha versión en galego que fora
"recoñecida" coma traducción válida da orixinal, poderíanse evitar posibles
futuros problemas :-)

 Ademáis do interese que tería unha traducción "boa" da GPL, xa, de por si :-)

-- 
     Jacobo Tarrío Barreiro                Don't finger me for PGP key :)
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a