olá: creo que é interesante que falemos tamén do resto das cousas, xa que estamos algo atascados co nome. hai cousas que hai que tratar necesariamente antes de comezar co novo proxecto, entón a ver se o facemos xa para non retrasar máis todo isto.
nunha reunión "en persoa" pódese dicir aquelo de "el que calla otorga", pero aquí non contestar pode significar tamén que a persoa non leu algo do que se dixo. tamén hai que contar coa xente que non está nesta lista; se ben é certo que o non estar indica que non lles interesa moito, tamén o é que terán algo que dicir sobre todo isto. por iso creo que hai que ir informando (=resumindo) o que se trata aquí nas outras listas. e sobre falar doutras cousas refírome por exemplo, á estructura das páxinas; á cantidade e estructuración das listas de crreo (por certo, en SF non hai restriccións neste senso non?), e esas cousas. non pode aterrar un coordinador en SF e poñerse a facer as cousas como lle pete, digo eu. eu sobre as páxinas teño que dicir que me gustan (para iso "asesorei" á Jesús na súa creación xDDD) e que haberá que cambiar algunhas cousas menores, que non afecten á estructura xeral. por exemplo escoller un sistema para os distintos formatos dos documentos. sobre as listas, creo que nun principio só tería que haber unha por separado para mensaxes de aviso dos robots; aparte da outra na que estaremos tod@s. sobre as normas; creo que máis ou menos todo o que s dixo foron sobre malentendidos/aclaracións/recomendacións. sobre "o noso servidor" parece que xa está todo decidido. e non falta nada máis non? aburinho!! ________________________________________________________________________ Manuel A. Fernández Montecelo (CrEqUe) <cre...@cfutura.com>