a ver, antes de nada procurade non enviar nada máis á lista de gzlinux.
deixo toda a mensaxe á que respondo aínda que algunha parte non a
comento por non redireccionala.

"R. Araya" wrote:
> 
> > > > >creo que sobran comentarios ...
> >
> 
> Si, pero eu vou facer algún. Acabo de ler algo por aí de que os lingüístas
> sobran. Gracias mozos. Pero non deberiades
> despreciar axudas que poden ser útiles, mesmo se veñen dun lingüísta ou dun
> diccionario.

supoño que et refires ao que dicía eu, respondo a isto na outra.

> > > >       X')))  O de "botar" é triste, pero a ver se me podedes explicar o
> > > > problema con arrancar/arrincar.  ¿Non ten o mesmo senso que arrincar un
> > > > motor?  Eu o uso de cando en vez, cando "iniciar" me parece confuso..
> 
> > >         E que un motor non se "arrinca" a menos que o queiras chimpar
> > > fora dos palieres...
> >
> 
> Non, arríncase o coche, e no DRAG aparece tanto arrancar como arrincar.
> 
> > Por se non había termos confusos abondo vou decir outro. Prender.
> > Prendese a televisión, a radio (o erradio ), ¿Porque non unha
> > computadora/computador/ordenador?
> 
> Moi ben, entón podemos tentar especializar usos. É dicir, préndese o
> ordenador,
> pero podemos falar de proceso de arrincado, é dicir, de todo o que fai o Linux
> unha vez
> prendido o ordenador. Arrincar e as súas variantes son as que estou eu a
> empregar na
> traducción / corrección da guía de instalación.
> 
> > Para que ninguen me diga que eso non se usa digolle que esto usase _aquí_.
> >
> 
> Moi ben, pero non sei se vos decatades todos de que deberiamos chegar a un
> consenso.
> Parece que algunha xente non se decata de que isto é un grupo de traducción /
> documentación
> orientado a usuarios inexpertos (tendo en conta o material sobre o que se está
> a traballar), e non
> hai nada que confunda máis a un usuario cá incoherencia terminolóxica. O que
> quero dicir é que
> deberiamos tentar redactar textos lingüisticamente coherentes, que é o máis
> importante. Por suposto,
> isto é un consello dun lingüísta / traductor.

hmmm, quizais, pero non creo que vaia formatear a partición raíz por que
se diga á vez arrancar ou arrincar. igual noutros casos si que habería
que poñer máis atención ...

> > >         Como hai que dicer que en galego é "arrancar"?
> 
> Pois así, mira o Diccionario da Academia, que para iso está.


aburinho!!

________________________________________________________________________
Manuel A. Fernández Montecelo <man...@linuxfan.com>

TraSNO- GNU/Linux en galego [http://trasno.gpul.org]
GLUG- Grupo de Usuari@s Galeg@s de GNU/Linux [http://www.glug.es]
Debian GNU/Linux [http://www.debian.org] <-> GNU [http://www.gnu.org]



--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a