Mon, Jul 10, 2000 at 03:47:12PM +0200, Sergio Rua escribiu:

>       Despois dunha actualización de potato a woody, o mutt non me amosa
>os acentos. No canto deles, saeme un ?
>       
>       Probei en castelán, e funciona perfectamente. ¿A qué é debido?

        Proba a facer un 'date', a ver se che sae ben.

        E mira o que teñen as seguintes variables:

LANGUAGE
LC_ALL
LC_CTYPE
LANG

        E mira o directorio /usr/share/locale/gl_ES, a ver se ten o
ficheiro LC_CTYPE

        E se non... se tampouco che vai o date, proba a facerlle un strace
a ver se atopas a causa (por exemplo, ó buscar ese ficheiro que che digo,
fai unha morea de tentativas, e ás veces non atopa o correcto)

        Igual tes as variables de arriba postas a "gl" en vez de "gl_ES", e
pode que non estea no /etc/aliases (por exemplo si está de "es" a "es_ES")
Seica Jacobo llo pediu ós de GNU para que o puxeran na glibc, pero igual
aínda non lle fixeron caso. ;-)

-- 
     _ _ _   _  _   Fidonet: 2:348/105.97
   _|  |_| _|  |_|  http://De.nuevo.en/~obras

--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a