Fri, Sep 15, 2000 at 11:55:46PM +0200, Francisco Xosé Vázquez Grandal escribió:
>> Ben, aquí temos un exemplo de xente que fala de GNU/Linux pero que
>> non semella usalo demasiado. :)))
>
>De calquera xeito estaria ben que o concello da meirande cidade de
>Galicia usara Linux.
Si, si... Referíame a que está a pensar en traducir Linux sen saber
sequera que xa hai cousas traducidas (por iso digo que non o usa moito) :)
Sen dúbida o desexable é iso, que as institucións empecen a usar
software libre para diminuír gastos. ¿Pensarían no que se aforrarían
poñendo Linux nas aulas de informática das escolas?
>Como queira que sexa a esta xente hai que decirlle algo, non vaia ser
>que se poñan a traducir cousas que xa estan (Ainda que calquera
Xa lle avisou Manuel de que existimos.
>distribución xa trae cousas en galego e deberan intuir que "algo" as
>traduce).
Si... Iso sen ter en conta que xa aparecemos en:
http://www2.iro.umontreal.ca/~pinard/po/registry.cgi?team=index
http://developer.gnome.org/projects/gtp/teams.html
http://i18n.kde.org/teams/
E antes ou despois atoparíano. :)
>¿Que plans tiñades para sacar á luz á páxina, refirome á data?
Pois realmente non che sei. :DDD En principio non había présa (xa
levamos 8 meses coas páxinas enriba X-D). Quizais non sexa necesario
agardar a que escollamos o logo (por certo, tamén deberiamos poñer prazos
para a votación do logo). ¿Ideas?
--
_ _ _ _ _ Fidonet: 2:348/105.97
_| |_| _| |_| http://De.nuevo.en/~obras
--
Para sair desta lista, manda un mail a [email protected]
poñendo "unsubscribe" na mensaxe