Ola,

        Había tempo que non escribía, así que por partes:

- GNOME

        Se alguén usa a páxina das estatísticas notaría que ultimamente non
estaban demasiado actualizadas, porque os de i18n de gnome andan demasiado
liados... Agora van dun modo semiautomático (teño que executar 3 scripts
:) ), polo que xa están outra vez funcionando.

        Lembrade que Gnome 1.4 vai saír en dúas ou tres semanas (en
principio), así que hai que ir actualizando as traduccións.  Roberto,
Rubén, ¿andades por aí ou vou ter que facer como Jacobo? :)))

- KDE

        Seica Alex non pode conectarse a Internet máis que as fins de
semana. Anxo, se tes problemas co da actualización da web, contacta comigo
directamente, que eu estou máis tempo dispoñible. ;)

- Vocabulario

        Como estou a facer unha revisión case-completa das traduccións para
Gnome 1.4, é un bo momento para pensar en mudar algunha palabriña.  Estou
pensando en carpeta (folder) -> cartafol, e cartafol (clipboard) ->
portarretallos, como fan en galego21.  Realmente son palabras que non
abundan tanto como parece, e ademais o 95% delas están en traduccións
miñas, pero quero ver que opinades (e quen cala...) :P

        Do mesmo xeito, se hai algunha expresión, menú, descrición, etc...
que non vos guste, dicídeo ou calade para sempre.  Por exemplo, cambiei a
traducción de Parámetros (Settings) a Configuración (alguén me dixera que
era máis razoable, e eu creo que si). Cousiñas así. :)

        E creo que máis nada... imaxino que esquezo algo, coma sempre, pero
que se lle vai facer. :D

-- 
Unha aperta,
Jesús Bravo Álvarez
http://www.pobox.com/~suso
--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mensaxe

Responderlle a