On Wed, Jun 05, 2002 at 08:14:52PM +0200, Jacobo Tarrio wrote: > Acaba de publicarse Mozilla 1.0 (http://www.mozilla.org/). Ao mesmo tempo > publicáronse as tres primeiras traduccións dispoñibles para esta versión > deste navegador: galego, asturiano e chinés tradicional, aínda que se espera
Hihi, mira que me fai gracia isto... :D > Coma sempre, o paquete de traducción de 1.0 está na sección de Aplicacións > da nosa web: http://www.trasno.net/ > Que o desfrutedes :-) Xa cho dixera antes, pero noraboa, unha vez máis. ;)))))) Agora, unha cousiña... Xa sei que aquí non somos precisamente os mellores comunicadores do mundo :D, pero xa que está traducida a versión 1.0 dun navegador multiplataforma, libre, e que funciona caralludamente :D, pois sería interesante que a xente o coñecese... Eu pola miña banda xa mandei unha mensaxe á lista de correo de galego21, que parece que aínda non se decataran do asunto. ;) -- Unha aperta, Jesús Bravo Álvarez http://www.pobox.com/~suso -- Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es poñendo "unsubscribe" na mensaxe