A Galiza é un país marabilloso. Ó final, ¿vai ir alguén a esa táboa redonda ou non? Ainda que quizais non teña sentido ir, xa que o galego non é unha lingua minoritaria e polo tanto, o tema a tratar non tería nada que ver co galego, a non ser que alguén vaia por alí e llo conte, e de paso me conte a min que sentido tería seguir co trasno e con outras iniciativas que terían razón de ser se o galego é unha lingua autónoma, (ou un dialecto como me ensinaban na época do Franco). En caso contrario existen polo menos dúas normativas diferentes no portugues que se poden empregar e cos que se pode colaborar (perdoade que lle chame portugues, e non galego, pero hai 247 millóns dos seus falantes que non se identifican co galego, ainda que non sexa "normal").
Tamén hai outra opción, que se acerque por alí alguén dos que considera que o galego é o suficientemente autónomo como para que lle resulte de interese o movemento do software libre. Resumindo, contestade ás miñas "boutades" sobre lingua se vos apetece, pero antes resolvede a pregunta ¿vai ir alguén a esa táboa redonda ou non? --------------------------------------------------------------------------- Correo enviado usando el servicio de Webmail del SIAIN: http://siain.udc.es -- Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es poñendo "unsubscribe" na mensaxe