O Martes,  1 de Xullo de 2003 ás 09:10:48 +0200, Xavy escribía:

> spammers usando o servidor smtp de trasno. Nom podería implementarse 

 Non empregan servidor SMTP de Trasno ningún. Simplemente, envían a súa
merda poñendo no From: o enderezo da lista; cando chega a algún enderezo non
existente, o servidor devolve a mensaxe ao enderezo que figura aí, e remata
na lista.

 O mesmo pasa cos virus: o virus falsifica a orixe, chega ao antivirus e
este envía o aviso ao remitente (isto, por certo, demostra que iso de avisar
nun antivirus é case sempre inútil).

 Filtros de spam xa temos; o Spamassassin, con nivel 5. Agora, cando
entregue o PFC, hei mirar de poñer filtros por expresión regular para
evitar algunhas clases de mensaxes devoltas (moitas xa se filtran e non
chegan, como podo comprobar cada mañá ao abri-la caixa do correo
electrónico).

-- 

   Tarrío
(Compostela)
--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mensaxe

Responderlle a