Ola boas, A Táboa é unha asociación cultural cunha sensibilidade especial co idioma e a necesidade de dotar-nos de software en galego, outra das nosas preocupacións é a música, a música en galego.

Hai un momento varios membros da asociación quixemos baixarnos o Windamp en galego dispoñíbel en Galego 21, e resulta que a versión que teñen a parte de non se poder baixar (polo menos nos nosos computadores) esta moi desfasada (2.64) e a nova (5.02) non está dispoñíbel en galego, tentamos poñer-nos en contacto con xente de Galego 21 pero parece imposíbel, enton quixeramos saber como podemos poñernos a traducir o programa se non é excesivamente complicado.


Unha aperta.


_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a