O Martes 13 de Abril de 2004 ás 20:51, unho dicía: Estas xa chas dixemos ;) >"verbose mode" >"sticky" >"tar this directory" >"untar this file" >"shell"
>"edutainment" Ufff, esta é difícil, se non tes problema de espazo, é mellor que digas directamente "entretemento educativo", porque iso de "edutretemento" queda un pouco raro ;D >"surf the internet" "navegar en Internet" >"Caps locked" Dependendo do contexto, pode ser "maiúsculas activadas", ou "trancadas" >"frontend" Tamén depende do contexto, pode ser "interface", ou "primeiro plano", pero posiblemente sexa mellor deixalo como "frontend" >"dockapp" Se non tes problemas de espazo, usa "aplicación embebible" >"X Window System" "Sistema X Window" >"viewer=visor ou =visualizador" Eu uso xeralmente "visualizador" >"shot them up" Xuraría que había unha tradución, pero non a lembro. Non che sei... "matalos a todos", ou similar... >"inkjet" Como modelo de impresora HP, "inkjet" >"cartridge" "cartucho" >"HMI" HMI=Human Machine Interface Déixao como HMI, que se alguén coñece o acrónimo é mellor non traducilo >"Adress Book=Axenda ou =Libro de Enderezos" Como queiras, libro está ben >"pygame" Que raio é isto? Cando teñas dúbida, xa sabes... déixao igual >"environment=ambiente ou =entorno" ambienteeeeeee! :P >"'viz'" En que contexto está? (para outra vez xa sabes, cando teñas dúbida cunha palabra, copia a mensaxe entera, porque sen o contexto é moito máis difícil) >"development=desenvolvemento ou =desenrolo" "Desenvolvemento" >"blob" Contexto? >"suite" "suite" ou "conxunto" >"tracking" Contexto? >"framework" Aquí haberá discusión ;) Dependendo do contexto poderás abreviar como "ambiente" ou "plataforma", aínda que o significado é máis complexo e precisaría de varias palabras. >"backend" Normalmente eu déixoa igual >"lookNfeel=aparencia e comportamento" ??? É esa a tradución, si, aínda que dependerá do espazo que teñas >"authoring" Mmmm, dependerá do contexto, eu diría "autorización", aínda que creo que non é a palabra adoitada. >"media player" "reproductor multimedia" >"framebuffer" Igual, "framebuffer" >"append" "engadir" ou "engadir ao final" (se é necesaria a distinción) >"resolve proxy" "resolver o enderezo do proxy" (se tes pouco espazo, deixa "resolver o proxy", aínda que é horrible :D >"cipher" "cifrar" >"tab" "pestana" >"wizard" "axudante" >"handling" handle -> manexar -- Unha aperta, Jesús Bravo Álvarez http://www.pobox.com/~suso _______________________________________________ Trasno mailing list tra...@ceu.fi.udc.es http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno