O Luns 05 de Xullo de 2004 ás 22:41, Tamara dicía: >Son unha estudiante de tradución. Estaba buscando algo últil que facer este >verán e paréceme que traducir software non é mala idea. De todos modos, non >teño uns coñecementos especiais de informática, nin de Linux... As linguas >que máis coñezo son o francés e o portugués, pero supoño que traballades >máis co inglés. Espero que poidades ofrecerme máis información.
Ola, Tamara! Pois dis ben, aquí facemos 100% de tradución dun orixinal en inglés, e aínda que sexa posible traducir de francés, portugués ou outras linguas, serán sempre traducións dos orixinais. Sobre o que podes traducir... pois o mellor é que o decidas ti :) Aconséllote que botes un ollo ás páxinas de estatísticas da web de Trasno, e que vaias probando a descargar ficheiros que aínda non estean traducidos. Non te preocupes polo formato, é fácil de entender, o importante é que decidas cales podes ou queres traducir. Algúns son máis técnicos e precisan de máis coñecementos de informática e/ou Linux, outros son máis sinxelos. No caso de non atopares ningún interesante, outra opción é que fagas tradución de documentación... Aquí non facemos diso porque non hai tempo, pero poderíase buscar sen problemas. Xabi, sabes ti como vai o tema da tradución de documentación de KDE? Non sería mala idea... Veña, xa falamos, un saúdo! -- Unha aperta, Jesús Bravo Álvarez http://www.pobox.com/~suso _______________________________________________ Trasno mailing list tra...@ceu.fi.udc.es http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno