O Mércores 07 de Xullo de 2004 ás 15:31, unho dicía:

>Ola. Estiven mirando as estatisticas que tedes en trasno das distribucions, 
>e cando fun á de Red Hat   http://trasno.net/distribucions/redhat.php
> aparecen fallos por todolos lados, 

        Pois pasa que levaban unha morea de tempo sen actualizar ;)

        Fixen onte un script para actualizar os datos de traducións de
Fedora. O único problema é que a ligazón dos paquetes vai a unha páxina de
información, non ao propio ficheiro .po, polo simple motivo de que non
están dispoñibles na web (só a través do CVS de Fedora)

        Aproveitei tamén para subir o sistema de estatísticas que estiven a
facer para a (futura?) nova web.  Na interface a diferenza é pouca: máis
compactas as ringleiras, barras de porcentaxes máis "cilíndricas", e menos
datos mostrados (só cadeas traducidas e totais, se alguén quere ver as
difusas e non traducidas, só ten que pasar o rato sobre a barra de
porcentaxe)

        Na parte da "cociña" dos scripts, fixen as estatísticas algo máis
doadas de xestionar para os coordinadores. Por exemplo, os tradutores dos
paquetes de GNU cóllense directamente da páxina orixinal de estatísticas.
E, o máis relevante, os tradutores de KDE/GNOME cóllense agora dun ficheiro
mantido directamente por cada coordinador. Para o caso concreto de KDE,
significa que Xabi pode controlar directamente os tradutores asignados, sen
ter que mo repetir 80 veces.

        Se alguén ten algunha suxestión sobre as estatísticas, que levante
unha man :P

-- 
Unha aperta,
Jesús Bravo Álvarez
http://www.pobox.com/~suso
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a