Ola a todos. Gustaríame unirme a vos para traducir diversos programas de KDE ó galego. Como non tiña nin idea de qué facer primeiro, lin a páxina de axuda. Segundo ésta:
"Algúns autores e propietarios do Copyright dos programas piden que cumpras algunhas condicións para acepta-las túas traduccións. Por exemplo, a Free Software Foundation (FSF) esixe que o Copyright da traducción sexa cedido a ela. O mesmo pasa con algunhas distribucións de Linux. No resto dos casos, o Copyright pode pertencer ao autor da traducción." ¿Inclúe iso a programas de KDE en xeral ou depende do autor en concreto do programa, ou se cadra non ten nada que ver? De tódalas formas, o enlace que dades a http://www.trasno.net/axuda/disclaim.txt está roto e non podo ve-lo "Translation Disclaimer" ese. Gustaríame comezar a axudar traducindo algúns proxectos novos como poderían ser Kexi ou Konserve. ¿Alguén sabe se son traducibles? Moitas gracias. Saúdos.
pgpoTOzeg3fs2.pgp
Description: PGP signature
_______________________________________________ Trasno mailing list tra...@ceu.fi.udc.es http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno