Ola:

  Nalgunhas mensaxes recentes falou-se do dicionário galego para o ispell, e 
polo que vexo existen algunhas dúvidas sobre o seu estado. Asi que vou tratar 
de as esclarecer.

1)  Actualmente existe un dicionário para Ispell en normativa de mínimos. 
Derivado deste existen outros dicionários para Aspell, Myspell, Scalibur e 
Edit Boxes. O Myspell é o corrector ortográfico que usan o mozilla (e 
derivados) e o Openoffice.

2) Que eu saiba non existe dicionário para Ispell/Aspell/Myspell na normativa 
ILG-RAG. Sei que houbo várias tentativas, eu mesmo tentei-no, mais sen éxito.

3) Na miña opinión non é posíbel elaborar un dicionário decente para 
Ispell/Aspell/Myspell na normativa ILG-RAG. Cumpriria modificar axeitadamente 
o código de calquer deses correctores. Há cousa dun par de meses falei disto 
con un rapaz, explicando-lhe os problemas técnicos dos programas actuais. E 
cando o deixei ia considerar a posibilidade de modificar o código do Myspell, 
mais non sei nada del. Se alguén ten interese en axudá-lo, podo por-me en 
contacto con el.

Tamén se alguén ten interese podo explicar as razóns polas cais non se pode 
elaborar un dicionário decente. 

Un saudo
Ramon
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a