A risco de meter a pata, cando escoito á xente que participa en proxecto
de traducción de software ó galego, sempre me parece que falta algo de
coordinación.

Por outra parte, a traducción de software podería ser unha actividade na
que participen moitas máis persoas das que o está a facer, e é probable
que moitas delas non o fagan por descoñecemento. ¿Porqué non se tentan
crear grupos de traducción nos institutos, implicando ó alumnado?
Podería ser unha actividade interesante como complemento a determinadas
materias.

Existe un terceiro tema. Se hai poucas persoas traballando na traducción
de software -ou se hai moitas, parece que o feito resulta invisible-
creo que son aínda menos as que fan traballos de documentación. Neste
senso as persoas adicadas á docencia adotamos te unha politica un tanto
peculiar, facendo documentación só para nós, limitando o beneficio que
esa documentación podería chegar a facer e obrigando a que o mesmo
traballo se faga miltitude de veces, no canto de traballar en equipo
para uns mellorar o traballo dos outros e ter materiais cada vez
mellores.

Supoño que tamén compartiremos a sensación de que non existe demasiada
documentación nen material didactico de calidade para o ensino do manexo
das palicación de usuario no mundo do Software Libre, e esto pode ser un
problema -ou unha escusa- para o acceso de moitas persoas ó mundo do
software libre.

Creo que moitos dos participantes na lista de correo poden coincidir, ou
non, no que expoño aquí, pero supoño que todos compartiremos a opinión
de que os traballos de traducción e documentación constituen unha parte
fundamental do desenrolo de software.

¿Qué vos parece meter dentro do XGN unha mesa redonda na que se podan
falar estos temas?. Se cadra poda iniciarse algún proxecto de
cooperación ou reforzar algún que esté en marcha pero dos que moitos non
temos noticia. ¿Alguén estaría disposto a organizalo e invitar a
representantes de diferentes grupos relacionados co tema?.

Decídeme algo, sintome so.

;)



 
Enlaces a Yahoo! Grupos

<*> Para visitar tu grupo en la web, ve a:
    http://es.groups.yahoo.com/group/softlibre-edugal/

<*> Para cancelar tu suscripción en este grupo, envía 
    un mensaje en blanco a:
    softlibre-edugal-unsubscr...@yahoogroups.com

<*> El uso que hagas de Yahoo! Grupos está sujeto a
    las Condiciones del servicio de Yahoo!:
    http://es.docs.yahoo.com/info/utos.html
 


_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a