> Xa postos, por que non OO.org. Xa dixen que se alguen se queria poñer
> co abiword, que está ó 4%, a súa axuda habia ser benvida.
Chou parada!, nas capturas de pantalla vese claramente o OO.org. A pergunta
non ia nese sentido, senón no de xustificar ter KDE+GTK ao tempo cando se
vaia a usar só un procesador lixeiro, cando sería posíbel ter a mesma
funcionalidade sen cargar dous toolkits à vez.

Grazas polo de abi, pero non, vou ver de pór a documentación de kde ao 4%,
precisamente...

Xa que estamos, que tal están as traducións dos programas educativos de kde?,

Home ti saberás que eres o home de KDE (ademais de Xabi). Eu ando co
meu: Inkscape, Tuxpaint, Mandriva, etc.

Este verán probara Slax, creo que collia nun pen de 128MB e estaba moi
ben. Non faria falta cargar todo o OO.org digo eu. Cando a min me
daban clase con ordenadores, informatica e cousas polo estilo,
aprendiannos tres cousas: Microsoft Office, Adobe Photoshop e navegar
por Explorer ;-)

Mais vos vale non irlle co conto do ntfs ós de agnix, que igual vos
capan. É broma. Seguramente poderedes colaborar nalgo e aforraredesvos
traballo. Ainda hoxe falando con un dixome que tiña que rematar a
traducion do drupal que outro lle pasara a medias cando outra persoa
diferente destoutras dúas, creo que Nacho, xa o traduciu e avisou na
lista de Trasno DESPOIS de rematar a traducion.

Ata logo,
             Leandro Regueiro

Responderlle a